O valor dun bico
Rodríguez Cabanas, M. Francisca - jueves, 24 de enero de 2019
Cantos bicos se dan as parellas, cantos ós nenos , amigos e amigas, familiares, xente que queres
Pero quero contar a historia dun bico que logo foron dous.
Dous avós moi cerca dos 90 anos cada un, viven sos pero os fillos están sempre pendentes deles. Un día como outro os fillos dixéronlles: hoxe vimos comer con vós. Xa traemos a comida feita. No xantar sae a relucir que o fillo estaba de aniversario, trouxeron tarta e unha vela grande que andaba perdida por un caixón . A nai, aínda que non perderá a memoria, non se acordara e díxolle, vouche facer un debuxo e unhas letras. O fillo contestou: xa mo farás maña. E , para o día seguinte, deullo feito . Cando llo dou, leuno e doulle un bico, non podo explicar o que lle gustou á mamá xa avoa. Ela non sabía que alí tamén estaba o pai e contoulle o do bico, pero a él tamén llo dera.. ¡que bonito!
Recordo que unha veciña sempre bicaba as patacas cando saían da terra. Dicía que era para agradecerlles a boa colleita. Hoxe xa non podería facelo pola prohibición a este cultivo na nosa zona. Por iso reivindico o darlle un bico á xente que queredes. A pais ,fillos, netos, avós ,parentes, amigos... Dádello cando ainda poidades. Antes de que sexa demasiado tarde. Antes de que veña outra Polilla Guatemalteca.

Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora