Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sobran sinais, falta señalización

lunes, 03 de diciembre de 2007
No balcón do Sil: Sobran sinais, falta señalización

O titulo do presente artigo, non é ningun xogo de palabras; é unha verdade absurda pero ao mesmo tempo certa que se da en moitos lugares, entre outros na comarca que hoxe denominamos “Ribeira Sacra” (lucense e ourensana). Seguro que moitos xá saberan ao que me refiro, pero non esta de mais explicarse.

A hora de colocar sinais informativas, resulta que cada quen anda pólo seu lado. As deputacións instalan as sinais e paneis que lles parecen mais oportunos, que non resultan sempre os mais adecuados nin necesarios. O Ministério de Fomento (antiguio de Obras Publicas), tamen señaliza o que lle parece na estrada da sua propiedade (N-120). A Xunta de Galicia a traves de diversas consellerias (unhas veces Cultura, outras a COTOP, ou calquera outra) tamen se adica de cando en vez a instalar paneis e sinais diversas. Os propios concellos, por suposto, tamen son moi amigos de desinformar coa colocación de sinais, nalgun caso cada dous por tres. E para colmo dende fai uns anos os patronatos das Asociacions de Municípios que xentionan os Plan Leader ou agora o Consorcio para a promocion do turismo na Riberia Sacra tamen son moi amigos de colocar todolos anos unha boa morea de sinais. Como veño de decir todos son a colocar; ninguen se encarga de retirar señales vellas, en desuso,duplicadas ou incluso triplicadas. O certo é que a pesar de tantos centos e centos de paneis informativos e sinais indicativas que se instalan, ainda temos varias ducias de pobos sen o seu cartel indicativo e unha morea de monumentos ou lugares de interes turística sen señalizacion ningunha. Debemos de recordar que precisamente unha das principais queixas dos turistas que nos visitan é sobre mala ou erronea señalizacion.

Imos citar uns exemplos moi ilustrativos do tema que hoxe falamos: Fai arredor de tres anos por médio da Asociacion Ribeira Sacra Lucense e financiado pólo Plan Leader II señalizaronse nas estradas os limites parroquiais dos concellos pertencentes a citada asociación; ¿serve para algo a hora de informar?. Sen dubida que serve para desinformar debido a que moitas veces o limite parroquial atravesa unha estrada póla que non se accede a capital parroquial nin a pobos desa parroquia. Outro exemplo moi curioso é o da colocación de grandes paneis de información turística detallada nos limites municipais ou provinciais; ¿pode alquen ler detidamente eses mapas en estradas polas que se circula ao menos a 100 k/h?. Somestes se pode ler se se para un vehiculo no arcen co risco de accidente ou multa per ser lugar prohibido. Fai poucos dias, unhs impresinonates monolitos nos indican nas entradas da comarca: “Plan de dinamizacion turística”; ¿que se nos informa con eses grandiosos e sen dubida costosos monólitos?; sen dubida nada, os plans fanse sobre papeis e logo levanse a práctica, non fai falla publicalos a bombo e platos.

Pensamos que sería necesario un estudo concello por concello e parroquia por parroquia, coa participación das propias asociacions de veciños, e asi, seguro que coa metade dos cartos estarian señalizados todos e cada dos lugares e monumentos desta comarca tan desinformada en todolos sensos. Ao tempo faríamos unha importante lavor medioambiental e de reciclaxe coa retidada das sinas duplicadas, deterioradas ou de información nula. Ese si seria un bó plan de dinaminación informativa.
F. Guitián, Luis
F. Guitián, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES