Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 23 de enero de 2019
Berro de Carraxe

Noto o silencio na galaxia da fantasía e un berro seco sae das entrañas durmidas para proclamar polo espazo sideral que a sociedade está apodrecida. Berro polas ánimas que asoman entre o lusco e fusco dunha utopía que vai e vén por entre os pensamentos duns intelectos enfermos. Sempre haberá mentes que van máis alá dunhas ideas Pingas de Orballodesmembradas ou putrefactas. Berro entón polo sangue que corre por entre os versos dunha oda e por entre as corredoiras dun lugar apócrifo. Berro para rachar o silencio. Berro para rebentar un planeta, un mundo, unha inmensidade. Noto o silencio no recanto escuro da alma. Porque hai escuridades que me envurullan, que me enxertan o medo e tremo de ansiedade polo que non vexo, polo que non sei. Berro no recanto escuro dunha ficción para poder espertar do acomodo, do sopor. Non obstante, a modorra sosega a inercia dunha intranquilidade que está aí, aínda que non se vexa. Quizais sexa unha nave espacial a que rompa o silencio neste universo infindo, perenne. Como non vexo ningunha nave espacial, deixo entón que sexa o meu berro, o meu berro seco o que esgace ese mutismo ou esa neglixencia dunha irmandade humana completamente amorfa. Berro desde unha carraxe moi fonda.

Aínda hai tempo

Entre o Mohamed e o Cardoso están fundindo ó Celtiña. E co cadro de xogadores tan bonito que ten. Xa sei que é unha barbaridade, señor Mouriño, que na mesma temporada haxa tres adestradores, pero eu ficharía a outro. Aínda hai tempo para salvar a hecatombe. Como non fiche a un terceiro, xa empezo a ver ó Celta na segunda Pingas de Orballodivisión. Xa postos a pedir, por que non ficha tamén a David Ferreiro. Élle de Baños de Molgas. Fala galego. Polo que se entendería moi co Aspas e co Brais Méndez, ou sexa, co crack e cunha xoia. Brais Méndez, Aspas, David Ferreiro; uff, que dianteira! Si, xa sei que o Ferreiro renovou polo Huesca, pero nisto do fútbol... xa sabe, todo consiste en “soltar a pita”, como se adoita dicir. No fútbol e na vida en xeral, entende, non si? Aínda hai tempo de reconducir esta situación que vai por mal camiño, que pinta mal. Ten que facer algo por nós, por estes afeccionados que estamos a sufrir horrores. Porque as súas derrotas doen. O seu xogo empeza a dar pena. E co ben que xogaba o Celtiña! Ó ritmo da Rianxeira. Debe estar libre o Berizzo. Que volva, por favor. Con el daba gusto. Aínda que se perdese, faciámolo xogando ben, moi ben. Veña, por Deus, hai equipo para estar máis arriba, moito máis arriba. Nin a falta do Aspas se tiña que notar tanto...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES