Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dende un mosaico

miércoles, 23 de enero de 2019
Hai tempo que me sinto parte dun mosaico que garda no seu ser a máxica riqueza da diversidade; máxica por única, por orixinal, por irrepetible pero, tamén, polas súas posibilidades de xerar benestar e desenvolvemento sostible. Ser diferentes abre unha gran oportunidade de crear produtos culturais distintos e con capacidade de atracción e fusión. Neste sentido, temos que mirarnos nunha unidade diversa que o mundo debe valorar.

Esta unidade diversa pode contribuír incluso a ampliar as nosas miras xeograficamente abrindo os nosos brazos a Portugal. Isto require derrubar prexuízos e achegarnos á diferenza coa inocencia da infancia que aínda non foi socializada en medos colectivos. Trátase de tecer humanidade comprendendo que ela, partindo do ilímite creador que a define, vai construíndo orixinalidade e, polo tanto, diferenzas de forma e de fondo.

Da unidade xeradora nace a diversidade creativa, tal e como nos explica Morín. Isto quere dicir que crer na creatividade humana implica crer na súa diversidade. Se non é así estaremos xerando ghetos e zonas de exclusión.

Crer que somos un mosaico é unirnos entorno á liberdade para amosarnos distintos, con moitos matices que saborear pero unidos polos alicerces da democracia e o benestar, que fan posible que poidamos deleitarnos cos matices da humanidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES