Galicia recibe pero non chega
Editorial - lunes, 03 de diciembre de 2007
Hai uns días, fixéronse públicos os saldos das diversas comunidades autónomas en relación coa economía do Estado español, para clarificar que territorios contribúen ó sostemento das autonomías máis modestas.
Galicia, lóxicamente, é beneficiada xa que presenta un saldo ó seu favor de 57.735 millóns de euros, que a converten na segunda comunidade máis beneficiada despois de Andalucía, e a sexta en canto a saldo per cápita.
Esta noticia, que é boa porque funciona o mecanismo de solidariedade entre comunidades, que non o é tanto porque mellor é non necesitar deste mecanismo, crúzase con outras dúas que compre relacionar.
Dunha banda, que as hipotecas en Galicia suben un seis por cento máis que no resto de España, e somos os que menos cretos pedimos. Doutra,que un de cada catro galegos maiores vive na pobreza, o que supón que ingresa cada mes menos de seiscentos euros.
A apariencia externa do noso país non é mala. E mesmo podemos pensar que por estar ben debemos acomodarnos á situación actual. Pero visto está que non é boa.
Depender do resto das comunidades hispanas para vivir, é un lastre para Galicia, aínda que sexa un beneficio colectivo.
Que suban os xuros e se subscriban poucas hipotecas, é un mal dato. Pero que un de cada catro galegos maiores sexan pobres, é un resultado definitivo.
Recibimos compensación dos máis ricos do Estado español. Pero imos necesitar algo máis para saber, verdadeiramente, o que é progreso.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora