Xermade entra 'aos Vilares'
Os Vilares, Lareira de Soños - sábado, 19 de enero de 2019
A partires do sabado 26, Xermade 'entra aos Vilares' a través do documental Entrar aos Vilares que se proxectará na Biblioteca Municipal ás 11:30 e da exposición de fotografías VilarEXPO, imaxes da natureza dos Vilares de Luís de Fabete que permanecerá un mes exposta.
A relación da parroquia de Guitiriz con Xermade é moi estreita, tanto pola proximidade xeográfica como pola historia en común, sobre todo coa localidade de Momán á que se trasladaron moitos vilaregos e pola intensa transacción comercial da feira co nosa parroquia.
Lazos familiares, comerciais e históricos unen a Xermade con Guitiriz a través das parroquias de Labrada e dos Vilares fundamentalmente.
A nossa satisfacción é grande ao levar o noso documental e a exposición fotográfica a unha biblioteca recoñecida co premio estatal María Moliner.
Será pois o días 26 de xaneiro ás 11:30 cando inauguraremos a exposición e proxectaremos o fume con un coloquio posterior cos asistentes. A entrada é libre.

Os Vilares, Lareira de Soños
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora