Burela: A bonhomía de D. Benjamín
Timiraos, Ricardo - viernes, 18 de enero de 2019
Agochado na humildade franciscán, gardando a sía intimidade nos seus escritos, calando e sorrindo ante a incomprensión, sufrindo con paternal dor as desgracias alleas
así viveu, na Burela mariñeira e emprendedora, aquel tenro, culto, e silandeiro D. Benjamín González Quelle, o cura da Vila nado en Covas.
Agradezo ós bureláns a sensibilidade para homenaxear a iste Home que, sendo cura, tamén foi o seu cronista- coma tamén o foi o moi querido e docto D. Ricardo Pena Domínguez, quen sendo eu rapaz, nos gañou para o estudio da Historia (disculpen o espallamento) -. E volvo: D. Benjamín léganos unha producción literaria de sete libros, que agradezo sinceramente ó seu irmán Pepe, e alédanos coas súas preocupacións relixiosas e coa vida cotidián, impregnando con fermosas imaxes literarias, aquel sentir polos seus feligreses e o seus traballos no mar.
Aí retumban as olas de dor de D. Benjamín ante calquera naufarxio, así coma a fondosa tenrura filial a súa nai reiterada no amor.
Una ermita en el monte y una red en el mar, El Fuego de San Telmo, Burela
a temática dos libros de D. Benjamín é o reflexo das súas preocupacións vitais, nas que cómpre resaltar a súa laboura diaria coma confidente e a axuda calada hacia as persoas necesitadas da súa valía e calidade espiritual.
Amén disa calidade literaria que eu atopo, pero que valorarán os expertos. O innegable é a súa coherencia persoal e a súa profunda formación.
A súa discreción, non amosando a súa cultura, é en D. Benjamín unha terra sachada con coraxe e constancia, como as patacas de Burela, froito parello ó de algúns outros curas que gardan a sabiduría no baúl da humildade.
Da lectura de certos pasaxes intúese que sofre e atorméntase, coma calquera home célibe, máis sempre sal do perigro, coma valente mariñeiro, poñendo proa a unha Cruz para a que vive con un sorriso. Certamente, aínda que, paradóxicamente sendo veciños e vivindo os dous no Seminario, o descubrira tarde, sinto que Burela, e con ela toda a xente, perderá ise Faro que foi D. Benjamín.
Hoxe é estrela para os seus mariñeiros nise mar do Alén. Grazas, D. Benjamín. Moi agradecido pola súa luz.
Podería seguir, pero como escribe Él tamén: lo bueno, si breve

Timiraos, Ricardo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora