Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Violencia de xénero

sábado, 01 de diciembre de 2007
Eu son un home, e teño clara a miña identidade. Cando cubro un papel onde hai que identificarse poño que son “varón”, no recadro onde antes se poñía “M” de macho ou “F” de femia.

Agora, escoito mensaxes que indican que hai que ser home e non macho. A palabra está dexenerando, de tanto usala de xeito impropio.

O pasado sábado, fun ó teatro. Era en Vilalba, no Auditorio municipal, e ninguén soubo decirnos a priori que obra era nin quen a representaba. Mesmo na revista da Consellería de Cultura que nos axenciamos non viña recollida a representación.

Resultou ser un acto dentro da Campaña de loita contra a violencia de xénero, na que Mela e Gloria, dúas excelentes actrices da primeira fila do audiovisual e do teatro galego, puxeron en escea unha obra curta en relación cos malos tratos, seguida do que pretendía ser unha mesa redonda pero foi somente un doble monólogo dunha avogada e unha psicóloga sobre o tema que se conmemoraba.

A min estas celebracións non me parecen o máis axeitado, aínda que parecen ser xeralmente aceptadas. O tema dos malos tratos é algo tan específico que ós afectados directamente non os vai conmover e ós que non temos nada que ver coa cuestión, e nos repugna a violencia física contra as mulleres e contra todos en xeral, parécenos fóra de lugar e mesmo sentímonos incriminados como xénero, por algo que é somente delincuencia, criminalidade, obxecto de persecución policial e xudicial.

A min, estes xeitos de concienciar déixanme mal corpo, aínda que comprendo que algo hai que facer. Se as condenas non poden ser máis fortes, a policía máis vixiante, os servicios sociais máis atentos... Se non se pode facer outra cousa, é sinal de que se pode facer pouco. Se a sociedade ten tan pouca forza neste tema, pois que se fagan campañas de difusión coma esta para que todos os homes nos sintamos mal polo que uns cantos criminais fan coas súas mulleres.

Síntoo, pero o tema ponme frenético. E dentro de min alguén corea “Contra agresión, Lei do Talión”, e sinto pena pola sociedade, en especial polo meu xénero, o máis débil, no que moitos acoden á violencia para sentirse poderosos.

Esto non se amaña con campañas, nin con xornadas. Con educación sí, pero é moi lenta se é que verdadeiramente funciona. Posiblemente sexa que o ser humano está en crisis e algúns aceptámolo mellor ca outros.

Quen non acepte que todos somos iguais en dereitos non pode formar parte da nosa sociedade. Para o agresor, nin pan nin sal. Acoso contra o violento, asedio contra o criminal, morte social para o abusador. E punto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES