Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Palabra de Rei

martes, 15 de enero de 2019
Que os españois sexamos maioritariamente monárquicos, non é pola institución, nin porque “Deus, patria e Rei” fose o lema dos nosos devanceiros. Entendo que se somos monárquicos, especialmente os maiores, é polo servizo que o Rei Emérito, Juan Carlos, prestou a este país na difícil transición, cando tanto medo se pasou pola posible involución, tráxica para todos.

Pero cando o Rei fala, o Emérito ou o actual, cando dirixe discursos á Nación, non os escribe el, non improvisa, senón que por lóxica están redactados por un equipo de profesionais, e consensuado co Goberno, como ocorre en calquera monarquía, sendo exemplo a Coroa inglesa, onde á Raiña lle escribe os discursos o goberno.

A institución dos Reis Magos, para millóns de nenos de todo o mundo, non é menos seria que calquera monarquía terrea, e o que fagan e digan ten un grande valor na ilusión que nenos e pais teñen, senón na institución, na súa función e papel, e aínda que a súa principal actividade como Reis é agasallar a pequenos e maiores en razón directa ás capacidades de cada familia, a posta en escea de Maxestades e séquitos, o despliegue de medios que os Concellos fan para fortalecer a institución, teñen que redundar necesariamente nunha mensaxe xeral de paz e de ben, sin estridencias, e se alcaldes, presidentes das deputacións ou delegados da Xunta teñen equipos de prensa para facilitar as súas comunicacións exteriores, con máis razón os Reis Magos precisan un gabinete de prensa para facilitar a súa relación co público.

Non sei o que dixo en Lugo o Rei Melchor, nin a quen molestou, porque aínda que sempre contemplo a Cabalgata, non me quedo ao parlamento desde o balcón da Casa do Concello. Só sei que o que non é posible é que o que fai de Rei Melchor diga que fixo un “discurso irónico e crítico”, porque nin é o seu papel, nin é o momento, nin o lugar, nin o público presente está para iso.

O Rei Melchor ten que sementar ilusión, evidenciar bondade, serenidade, maxestade… Para ironizar e criticar hai que esperar ao Antroido que é, precisamente, a festa que todo o permite, aínda que non desde o balcón do Concello, senón que esas cousas –aínda no Antroido- hai que facelas desde abaixo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania