A casa común
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de enero de 2019
Adoita dicirse que cada persoa ten a súa república independente no seu fogar.
Na república independente é onde realizamos a vida íntima.
É algo moi importante por eso nos esforzamos en ter canto antes a nosa propia república independente
Pero ademáis da vida íntima, temos unha vida pública.
A vida pública de todos e cada un desenvólvese nun determinado páis en particular e en todo o planeta en xeral.
De tal xeito que o que fagamos ou deixemos de facer nun determinado punto deste planeta, repercute para ben o para mal en todo el.
¿Por que?
PORQUE TODOS COMPARTIMOS A MESMA TERRA, A MESMA AUGA E O MESMO AIRE.
Todos somos membros dese todo que chamamos universo.
Todos necesitamos comer, beber, respirar.
SEN ALIMENTOS POUCO TEMPO PODEMOS AGUANTAR, SER BEBER MENOS E SEN RESPIRAR MOITO MENOS.
Esta é unhaverdade moi fundamental da que disfrutamos cada día, cada minuto e cada segundo da nosa vida.
Lástima que moitas veces non nos paremos a pensar que sin eles non sería posible a vida.
Todos queremos vivir e todos queremos conserva-la saúde.
Todos queremos ter alimentos e bebidas saudables e tamén aire para respirar.
Pero
¿Qué facemos para que todo eso sexa posible?
Como hoxe en día hai variedade de productos nas grandes áreas comerciais; hai quen pensa que con cartos se pode comprar todo.
Hai nenos que pensan que o leite sae da botella e os cartos dos bancos.
Os adultos temos que alcanzar algo máis
¿PODEMOS COMPRAR PRODUCTOS ECOLÓXICOS SE A TERRA ESTÁ CONTAMINADA?
¿PODEREMOS COMPRAR PEIXE SALVAXE SE OS PEIXES INXIREN PLÁSTICOS?
¿A ONDE IREMOS COMPRAR AIRE PURO SE CONTAMINAMOS A ATMÓSFERA?
Debemos pensar máis en conservar o importante, o imprescindible para vivir e menos en acaparar cartos e riquezas perecedeiras.
Non nos extrañemos se os nosos fillos se queixan de que lles damos malos exemplos.
O progreso está moi ben, a evolución é moi aconsellable pero O USO RACIONAL DOS BENS NON PODE FALTAR.
A facultade de razoar déusenos para utilizala.
Se non a usamos estaremos favorecendo a involución da especie humana.
Antes de que sexa tarde:
USEMOS A RAZÓN
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por conservar e compartir con todos a casa común.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora