Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Influír en Madrid

viernes, 30 de noviembre de 2007
Os cataláns, cos seus votos, inflúen en Madrid en repetidas ocasións, e esta influencia tradúcese en beneficios de todo tipo para a sociedade catalá.

Isto provoca nos galegos un sentimento entre envexoso e admirado por saber aproveitar, permanente ou puntualmente, a influencia dunha determinada postura na toma de decisións.
Especialmente cando os votos en cuestión teñen tal valor que inclinan a balanza a favor ou en contra do goberno de turno.

Cando isto sucede, sempre se lamenta a non existencia dunha forza xenuinamente galega, de centro, moderada, que faga constar a presencia de Galicia no Parlamento español, e obteña beneficios para este pais.

E velaquí que de repente o Bloque Nacionalista Galego, no debate que se organizou para discutir o labor da ministra Magdalena Álvarez dentro do goberno, cos seus votos impide que sexa rexeitada coa conseguinte crise institucional.

Por aquelo de “do ut des”, xa que nada hai inocente, o Bng para potenciar a sua presencia no goberno galego, vai obter cincuenta e un millóns de euros para as súas políticas sociais de promoción do benestar, e vanse desbloquear transferencias que estaban conxeladas en espera de mellores tempos.

Visto esto, xa non temos que envexar dos cataláns a rendibilidade duns votos que permiten a conformación dun grupo político propio e catalán.

Claro que se nos paramos a pensar temos que concluír que esto de política ten pouco, que se merecemos algo hai que concedérnolo sexa quen fose o que goberna, pero se hai que recurrir á chantaxe ben está ter con que facela. E se Galicia se beneficia, amén. Esto sí que é influir en Madrid.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania