Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 11 de enero de 2019
72' 43''

Ou o que é o mesmo: 27 minutos e 43 segundos da segunda parte, do segundo tempo. Ese foi o instante supremo, o momento xusto no que David Ferreiro se lanzou en prancha e marcou un gol histórico. Histórico para el. Histórico para Baños de Molgas. Histórico para toda a contorna. E ata pode ser histórico para o propio Huesca. Xa que aí nese seu primeiro gol foi onde o equipo oscense empezou a rexurdir dese letargo na clasificación no que se metera desde os primeiros partidos da Liga española. Penso que Pingas de Orballoserá histórico polos séculos dos séculos que un rapaz de Baños de Molgas acadara xogar na primeira división e que chegara a marcar goles nesa categoría... á que non chega calquera. El non sei que pensaría nese momento. Pero un servidor, no 72' 43'', viu ó fillo do Villar e da Concha, ó neto do Inocencio e da Irene, cabecear na Pitediña, cabecear na Chaira, cabecear nas rúas e nas airas molguesas e cabecear incluso nas canchas de tenis. Sabemos que a memoria, ás veces, é efémera. Por iso escribo o que estou escribindo. Porque hai instantes na vida, por exemplo, no 72' 43'', do sábado 5 de xaneiro de 2019, nos que se para o mundo e unhas bágoas de emoción escorrentan por algunhas caras abaixo. Grazas, David.

Sen calmar a sede

Non sei calmar a sede. Porque aínda bebendo, estou a pensar nos biosbardos que están acochados detrás daquel penedo. O que está alá, na distancia, ó lonxe, alá onde non se ve tal penedo. Pero intúoo. Porque a miña intuición é moito máis aguda que calquera heroe da Marvel, por exemplo. Tampouco é moi necesario que pense nos da Marvel. Hai heroes por todas as partes. Heroes anónimos. Eu mesmo. Ninguén o sabe, pero son o heroe que baila o bolero de Ravel por enriba dunha simple cadeira. Para asubiar prefiro a Marcha Imperial de John Williams. Ou calquera tema de Ennio Morricone. Aínda que o que mellor asubío é a Marcha do Coronel Bogey, esa mesma que sae na Ponte sobre o río Kwai. A verdade é que son moi quimérico. Pégolle outro longo trago, pero sigo sen calmar a sede. Porque hai ansiedades que nin os trasnos dos biosbardos son quen de acougar sobre o soño intenso dunha almofada branca. E aínda que lle bote limón á auga, a heroicidade do meu pensamento non é quen de buscar a aventura que ti, lector, estás a imaxinar. Porque ninguén, fíxate ben, sabe soñar esperto como o fago eu. Son capaz de que a letras dunha canción durman sobre os compases dos asubíos que saen dos meus beizos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES