Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A linguaxe dos moi lidos e entendidos

miércoles, 16 de enero de 2019
Hai tempo, tiven un enfrontamento en facebook cun perfil que hoxe en día considero falso, xa que ao pouco desapareceu. O tema foi que unha amiga miña militante na diversidade colgou no meu muro a nova de que Carmena cedeu a zona vip aos minusválidos. Si, poñía minusválidos. Era a única mácula nunha nova esperanzadora. Saltou entón alguén que non figuraba na nosa lista de amizades argumentando que nos queixabamos por todo e que nada nos valía. Intentámoslle explicar con artigos debidamente documentados que a palabra minusválido refírese a unha situación social de inferioridade; polo tanto, ademais de corrixir a situación, hai que desterrar a palabra facendo que non teña razón de ser.

Todo isto argumentámosllo a este perfil saído da nada, documentándollo, como xa dixen, con diversos autores pero para os valados da conciencia os argumentos pérdense na propia cerrazón.

Volvendo á actualidade, o outro día collemos entradas para o Palacio da Ópera da Coruña. O primeiro que hai que dicir é que parece incrible que sexa máis complicado coller unha entrada de mobilidade reducida que unha localidade xeral. As primeiras hai que ilas buscar pero a onde? Normalmente, as entradas para as instalacións do Concello da Coruña cóllense na praza de Ourense; pero, nesta ocasión había que ir a outro sitio do que non nos saben dicir onde; é dicir, un servizo municipal non sabe redirixir a outro servizo municipal da súa mesma área: cultura. A peregrinación continúa ata chegar a sede da Fundación onde conseguimos o obxectivo. Todo isto para conseguir unha entrada que poñía de “minusválidos” , na miña linguaxe de mobilidade reducida; pero e se non tivera mobilidade reducida?a miña entrada estaría aproximadamente a unha ducia de clics. Despois dos cales tería unha entrada dixital que simplemente me suporía ensinar o móbil; polo tanto, falla a forma e o fondo e hai que dicir que a forma non é o de menos porque un xa vai farto de acumular etiquetas que non falan senón do prexuízo social co que nos fan cargar. Así que se calquera persoa se enfada cando a insultan nós non temos por qué aguantar que o feito de poder participar na sociedade conleve asumir un insulto nun papel que che permite o acceso.

Non, a linguaxe non é o de menos porque é intencional e cuspe unha determinada visión do mundo. Minusválido implica unha inferioridade en todos os sentidos, levamos moitos anos de loita para agora ter que pasar por isto. Non, eu prefiro seguir na brecha e educar para que determinadas palabras queden desterradas da sociedade. O seu desterro é a nosa dignidade e o xermolo de esperanza dunha realidade xusta e inclusiva.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES