Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O patinete

viernes, 11 de enero de 2019
Non sei se chegou para se quedar, o que si é certo e que xa está aquí formando parte dun xeito de moverse que conta co beneplácito daqueles que loitan denodadamente contra a contaminación nas vilas e cidades. Circulan por onde, ata hai ben pouco, camiñaban os peóns que agora teñen que compartir espazo con estes vehículos de dúas rodas que nalgúns casos poden alcanzar velocidades superiores aos 25 quilómetros por O patinetehora. A min paréceme ben que a xente se mova en patinete pero considero que é necesaria unha normativa que faga compatible a harmonía entre peóns e patinadores. Ademais hoxe non só circulan patíns pola beirarrúa senón que é fácil ver t amén bicicletas e monopatíns o que fai que camiñar por ela sexa unha actividade certamente non exenta de risco. Nótase máis nas cidades que nas vilas, de momento. Pasade polo centro de Madrid, por exemplo, e comprobaredes a aventura que supón andar sorteando a toda clase de vehículos de dúas rodas que circulan pola beirarrúa facendo eses acelerando e desacelerando. O que outrora era simplemente un xoguete convérteuse arestora nun vehículo de transporte urbano co que iso significa: espazos peonils compartidos con aparellos de rodas que, dito sexa de paso, están ben vistos porque non contaminan nin fan ruído si, pero poden mancar. O mesmo ca bici que tamén está autorizada a circular pola beirarrúa. A xente que camiña evidentemente non agrede ao medio ambiente e ademais fai exercicio cousa que non acontece cando sube a un patinete electrico, pero ¡ vaille dicir a xente que faga exercicio cando pode trasladarse dun sitio a outro sen mover un músculo ! Vale, pero haberá que regular iso dalgún xeito. ¿Teñen seguro obrigatorio os patinetes? Xa comeza a haber accidentes con estes aparellos. O patinete electrico irrompeu na nosa vida seguramente para quedarse e eu, que queredes que vos diga, as veces sento a tentación de subirme a un pero descarto a posibilidade de telo coma vehiculo de compañía mentres as pernas respondan. Polo de agora prefiro camiñar porque entre outras cousas estou convencido que iso é bo para a saúde e arrógome a licencia de aconsellalo porque é o mellor que se pode facer mentres o corpo aguante. Logo xa veremos. O peor de todo é que xa estamos costumando aos nenos a non facer exercicio poñendo ao seu alcance aparellos cos que se moven sen esforzo incluso polo pasillo da casa. En fin...
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES