Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diversidade mal entendida

jueves, 10 de enero de 2019
Rematadas as festas, toca retomar a normalidade e enfrontarse aos retos do día a día. A finais de ano, un medio de comunicación abordaba o tema da educación. Daban a súa visión as familias, os sindicatos, a consellería… tratando aspectos como: menos carga lectiva, mellor atención á diversidade, profesionais adecuados, persoal sanitario nos Diversidade mal entendidacentros, equiparación con outras autonomías, menos alumnos por aula, etc... Non lles falta razón ou cando menos todos os matices son discutibles. A Consellería máis triunfalista considera que xa hai menos alumnos por aula, algo evidente porque na media tamén entran os colexios do mundo rural.

Lendo a reportaxe quedeime co de “mellorar a atención á diversidade”. Non se trata de mellorar, trátase de atender a diversidade na que teñen cabida todos. Claro que falar de diversidade sempre leva a pensar, erroneamente, en nenos con necesidades educativas especiais. Poida que coa desculpa de que só eses nenos son os “diversos” queden sen toda a atención outros. Unha clase representa un conxunto de diferencias. Hai que dar resposta a todos independentemente das características físicas, psicolóxicas, sociais e culturais. A diversidade hai que entendela como un valor e non como unha carga.

Tamén botei en falta a visión dos alumnos, núcleo central de todo o proceso. Que dirían? Aínda que xa queda un pouco lonxe a miña etapa, si me quedou moi gravada na memoria, seguro que máis por as miñas circunstancias. Atrévome a asegurar que ninguén lembra aos mestres polos contidos que lle ensinaron. Non só contan os aspectos pedagóxicos, tamén está a trato persoal e a relación de confianza. Sóbranme exemplos para demostrar como os profes marcaron para ben, e tamén para mal, a miña vida.

Como mestra durante 37 anos no ensino público tamén tiven experiencias de todo tipo. Puiden comprobar que todos os nenos, repito todos, necesitan sentir que forman parte do grupo e aportan desde a súa realidade. É evidente que cando digo formando parte do grupo non me refiro a estar fisicamente na aula. Saber que existimos para o outro é a base dunha relación é unha parte esencial da aprendizaxe.

Remato coas palabras da UNESCO do ano 1996: “La educación puede ser un factor de cohesión social si procura transformar la diversidad en un factor positivo de entendimiento mutuo entre los individuos y los grupos humanos y al mismo tiempo evita ser (ella misma) un factor de exclusión social”.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES