Éxito de interpretación, público e solidariedade
O pasado 28 de decembro celebrouse na igrexa de San Francisco de Santiago de Compostela o 3º Concerto Memoria P. Manuel Feijoo, que dende o ano 2016 ven organizando a Asoc. de Exorfeonistas do Terrra a Nosa e Amigos do Padre Manuel Feijoo, co patrocinio da Comunidade Franciscana, o Hotel Monumento San Francisco e mais do Concello de Santiago. No marco incomparable deste templo casi fundacional da música do compositor santiagués de Ourense, a música do autor do "belén dos oficios" ("gaitas e gaiteiros", "os canteiros", "serradores", "regantes", "feirantes", "palilleiras de Camariñas", "oleiros", "bruxas e meigas", e tantos outros títulos das súas Panxoliñas) volveu soar nesta tarde de xentes "inocentes" (día 28) como o silencio sonoro de quen en vida foi considerado pola prensa estranxeira e de aquí "o músico embaixador do nadal galego".
Co templo ateigado de público -templo inmenso en toda a súa arquitectura- abriu o

concerto ás 20:45 a concertista internacional de acordeón diatónico Bea Leonardo, quen con seu Voo alén do Tempo de Makonen transportou ó auditorio da tardiña nadaleira a figura do P. Feijoo dende Alén até aquí, daquela xa presente desde o comezo do evento. Aplausos, bravos! e silencio, quizabes unha bágoa
Deseguido subíu ó estrado a Coral Padronesa, ¡ese Padrón tamén fundacional de Manuel Feijoo!, que baixo a dirección de Santiago López Blanco, introducíu na velada o primeiro aloumiño dun nadal galego que a organización pretende instaurar e perpetuar con este MEMORIAL P. MANUEL FEIJOO: soaron daquela as fermosas partituras Arrurrúde Nemesio García Carril e Xesús belido do propio Manuel Feijoo. Empaste, fidelidade ás orixes, éxito merecido e ben traballado. Parabéns gustosos. Todo ía moi ben. Aplausos, ¡bravos! e silencio, quizabes unha bágoa
Até que chegou o número forte deste ano. Foi na segunda parte do concerto. Unha parte na que se fixeron donos dela os directores Anxo Abel Souto, director de coro, e Casiano Mouriño Maquiera, director da Banda Municipal de Música de Santiago. Esta comezou o seu roll primeirizo no Memorial, interpretando con engado xeral de todo o auditorio e coa mestría ben recuperada da agrupación musical e con sonoridade de cumio A Christamass Intrada de Alfred Reed, An American Elegy de Frank Ticheli y The Lord Bless You and Keeep You de John Rutter, instumentación de C. Mouriño, deleitándonos

con técnica e execución máxima durante todo o tempo que soberanamente ocupou o noso estrado. Ós seus profesores e directores cóubolle a honra dun longuísimo calderón de parabéns e atención engailloda xa que logo ámbalas dúas agrupacións interpretarán, instrumento e voz (150 coralistas), Paxariños que voades de Nemesio García Carril e Canto de Berce de Manuel Fejoo, esta última tamén con instrumentación do mestre Casiano Mouriño. Aplausos, ¡bravos!, xa moitas bágoas.
E deseguido, sen solución de continuidade, chegou a intervención talvez, cremos, máis desexada, novedosa e traballada, a específicamente feijoniana na quenda deste ano: a interpretación conxunta final a cargo dos integrantes da Asociación de Exorfeonistas e amigos do P. Manuel Feijoo, da Coral Padronesa, de Cantorum Compostellana Conjuntio & Banda Municipal de Música de Santiago: nas súas voces e nos seus instrumentos, e na instrumentación de Casiano Mouriño, novamente, brillou na noite compostelá deste curruncho de Val de Dios, franciscano por partida doble, a/o Gloria e os Pobos da terra da Misa Grande Galega de Feijoo, como poucas veces o fixera anteriormente, pois non tiveramos ocasión de ter escoitado nunca até o de agora esa partitura co remedo instrumental que o mestre C. Mouriño amañou con tanto acerto a partir do orixinal do propio autor ata esta ocasión: por uns longos minutos, moitos, o público que ateigaba por completo o recinto sacro, posto en pé, rendeu un infinito battimano que non foi quen, ¡imposible!, de apagar os bravos duns e doutros e así de todos. Grazas a eles, e nominatin ós mestres Casiano e Abel Souto. Unha manchea de aplausos, de bravos, de
E como fin de festa, e por se fora pouco, o que ningén sospeitaba, tamén neste Concerto/ Memorial, o aceno vienés do mestre Casiano Mouriño e a súa Banda MMS coa Marcha Radeztky cara un ano máis para todos, e con todos batendo as palmas. Palmas das mesmas mans que xa antes do comezo do concerto se tiñan achegado a este Val de Dios portando leite, mateiga e mel e outros artigos de primeira necesidade en solidariedade cos pobres do Albergue Xoán XXIII dese complexo franciscano en Compostela.
Para o 2019 será a 4ª edición deste Memorial P. Manuel Feijoo. Que vostedes o vexan e volvan disfrutar
aínda que só sexa tan así como así foi o deste ano 2018. Polo que imos vendo até o de agora, vese que a iniciativa naceu e vai con vocación de agradable permanencia. Daquela aplauso escrito agora e sempre desde aquí.