Este ano, o días 6 de xaneiro, tres mamás vestíronse de Reis Meigos, cos traxes doados no seu día pola fábrica de Coca Cola de Coruña e que se conservan todo o ano na Capela de San Antonio de MOMAN; e os seus fillos foron de paxes, con traxes que foron prestados polo Concello de Villalba. Percorreron as parroquias de Momán, Labrad, Xestoso, Cambas... dando caramelos e doces aos nenos e algo tamén aos maiores.
Participaron logo no Belén vivinte que se escenificou dentro da igrexa, por outros pais e nenos... Os participantes recibiron agasallos doados por CocaCola.
