Nenos con problemas
Editorial - jueves, 29 de noviembre de 2007
Ós maiores, parécenos que os problemas son exclusivamente nosos, que os rapaces en idade de estudiar e de xogar non teñen preocupacións porque para os que temos lonxe a nenez vémola como unha Arcadia feliz na que non cabe a dor e o sufrimento.
A Universidade de Santiago ven de facer unha investigación sobre o acoso escolar, e nel rexístrase que un tres por cento dos escolares sofren violencia escolar grave, un quince por cento sofre habitualmente algún tipo de acoso, e un corenta e seis por cento ten medo de ir ó colexio por algún tipo de problema derivado do trato dos seus compañeiros.
Parécenos gravísimo este resultado, e as autoridades competentes entre as que está a Conselleira de Educación en primeiro lugar deben tomar cartas sobre o asunto e poñer remedio.
Os problemas chegarán logo, pero en tanto os rapaces teñen que prepararse para o futuro, formarse en liberdade e tranquilidade, xogar e vivir con nomalidade.
Unha sociedade na que os nenos teñen problemas é unha sociedade enferma, e a eso hai que poñerlle remedio. Galicia non pode permitir que nenos e nenas en idade escolar vivan angustias impropias porque o clima que os rodea non é axeitado, porque outros nenos e nenas se exceden nos seus dereitos.
O tema non pode pasar desapercibido para pais e educadores. Aféctanos a todos, e entre todos temos que poñerlle solución.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora