Non quero un belén actual
Valle, Kenia - domingo, 06 de enero de 2019
Que como vas parir nun cortello soa e rodeada de animais
.non é saudable nin para ti nin para o neno...pensache na alerxia á herba? Pensache no cheiro que desprenderá ese sitio todo rodeado de animais? Mesmo pode o neno coller algún tipo de enfermidade
Que é ben raro que non se che adiantase o parto despois de semellante camiñata enriba dun burro!!e se o animal escorrenta con calquera ruído da noite e cae ao chan a encinta??...a ver se non lle quitan a custodia do rapaz no caso de que isto chegue a bo porto! Non o faledes moito
non vaia ser
O pobre Xosé ten que estar desfeito dos pés
guiando no animal durante tanto tempo
xa llo podes agradecer María!!!
Se fosen algo máis discretos, Herodes non se enteraría, tódolos nenos estarían a salvo e eles poderían ter aquí a crianza sen necesidade de andar dun lado para o outro que coa friaxe que vai e tal e como está o mundo
.calquera sabe con quen se atopa no camiño
Vaslle poñer ao neno Emmanuel? Podías poñerlle Xaquín coma o teu pai, a el seguro que lle gustaría ou que menos que Xosé, que xa que non é o pai biolóxico e se vai facer cargo del
q menos
digo eu
que bueno quen son eu para decir nada pero
.
Disque van tres magos de Oriente ver o neno
qe van pensar!! Adorar ao fillo de Deus que vai ser nado entre catro táboas! Que se fose un bungalow aínda tería un pase
que bueno
eso se dan co portal...porque de guía levan unha estrela
a quen se lle conte.
Que bueno
quen son eles para falar
vaia agasallos lle van levar
único Melchor
que creo que lle leva ouro
pero incenso?? Mirra? Que clase de agasallos son eses? Que mira que che digo que non sei que pinta un home de raza negra en todo isto
porque xudeu non será!?
Se fose María nai nos mundos de hoxe, probablente sería aconsellada por nais sen fillos sobre o parto, por persoas que vivisen soas sobre a vida en parella
porque todos sabemos, ou mellor dito, parécenos que sabemos de todo. Pode ser que este conto, vos pareza unha tolería e non vos fagades á idea dun belén tan
..parlanchín??
Pois non , por desgraza así sería.
Vivimos nun mundo onde a solidariedade, a empatía, a educación e tantos valores que antano existiron, hoxe fican case esquencidos baixo o ouro, o incenso e a mirra
bueno
non nos enganemos
.sobre todo o ouro.
Prefiro ver como vén a un mundo sen luxo, pero onde axudan a María e a Xosé sen cuestionar a maneira que elixen para que o seu fillo veña ao mundo. Prefiro velo nacer en Begonte; no medio do rural, sen acomodos para o corpo pero si para a ialma; nun pequeño pobo frío cuberto de néboa durante todo o inverno, pero onde o esperan xentes de corazón tépedo, sen xuízos, sen ouro pero cunha morea de sentimentos bos e xenerosos, onde a xente pode non saber moito, pero de seguro estarán ao seu carón para acender o lume se vai frío, axudar aos seu pais cando o precisen e ensinarlle a el, con feitos e non con verbas.

Valle, Kenia
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora