Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Encol ao Santuario de Guadalupe no Saviñao

miércoles, 28 de noviembre de 2007
No Balcón do Sil: Encol ao Santuario de Guadalupe no Saviñao

Despois de coñecer todolos núcleos de poboación do meu concello (mais de 300 pobos, aldeas e lugares), quero ver cumplido un novo sono: pisar todalas parroquias e lugares de interes da comarca e todos e cada un dos concellos de Galicia. O certo é que teño cumplida unha boa parte do desexo; faltanme media ducia de parroquias dos concellos do meu entorno e non máis de vinte concellos de Galicia. A miña faceta de musico, principalmente coa Banda de Música de Sober, fixome camiñar prácticamente lugar a lugar e casa a casa todas as parrouias da comarca e unha morea de concellos de Galicia.

Principalmente nos dias de veran e aproveitando o periodo vacacional continuo moi a miudo viaxando pola comarca e por Galicia, asi a semana pasada acerqueime ata unha das poucas parroquias dos arredores nas que non lembraba ter posto o pe; tratabase de San Vitoiro de Ribas de Miño no concello de O Saviñao. Aqui tiña como referencias principias dous símbolos destacados: A Iglexa Parroquial e o Santuario de Guadalupe. A primeira impresión foi un bo disgusto ao comprobar o total estado de abandono e descuido dos dous monumentos de referencia. A Iglesia Parroquial, situada no lugar de A Abadia foi un antigo mosteiro, tratase dun extraordinario exemplar do Romanico Rural datada no ultimo cuarto do seculo XII, a construcción do templo e rectangular, consta de planta baixa e piso superior, muros de pedra de granito e tellado de tella. Destaca a sua porta principal con tres arquivoltas que descansan sobre fustes lisos. Conservanse ao tempo restos dun antigo mosteiro fundado no ano 929 polo abade Veremundus Páez.

Pola sua banda, o Santuario de Guadalupe, ubicado no lugar de O Val, e un mirador natural cara o encoro de Belesar. Esta Igrexa-Santuario foi construida no s.XVIII. Ten una nave de planta rectangular, muros de sillería granítica e cuberta a duas augas con tellado de tella. A fachada ten tres corpos horizontais: no máis baixo hai unha porta acodada, no intermedio un altorreleve do Descendemento do Señor e un frontón e o de maior altura constitue una torre-campanario e ten una balaustrada central para celebrar misa en días sinalados. Moi fermoso santuario e autentico desconocido incluso para unha boa parte dos veciños de O Saviñao.

Sempre se comentou o abandono por parte das administracións da zona Norde do Concello de O Saviñao, e eu son tetemuña de tal descuido e abndono ata na actualidade. Outros monumentos do concello foron obxeto de obras de mantenemento e restauración, máis ou menos acertadas; pero no caso que comentamos e absolutamente visible a falta de atención. A rectoral esta acabando de caer na sua totalidade; por certo un edificio grande e moi digno, e a Iglexa Parroquial e o Santuario ou Capela de Guadalupe contemplanse a simple vista totalmente abandonados. Por certo unha veciña comentoume “se estes edificios lle parecen abandonadas por fora, imaxinese como estaran no interior. Moito peor.”

O Santuario será obxeto da festa anual coincidindo con este fin de semana de Setembro, o fin de semana máis mariano do ano, podia ser unha boa data para acercarse con un par de empanadas e un bo viño de Amandi para disfrutar coa familia dunha merenda campestre. De ter xa un compromiso coa Romeria de Cadeiras, co Faro, cos Remedios de Sarria, coa Hermida en Quiroga ou noutro lugar, podemos e debemos acercarnos noutra data do ano; tanto Iglexa coma Santuario e entorno son dignos de visitar. Eu espero que a próxima vez que me acerque que non sera moi lonxe no tempo se vexa cando menos un cartaz anunciando obras de restauración.
F. Guitián, Luis
F. Guitián, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES