Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 04 de enero de 2019
Uns expertos ignorantes

Canta inocencia hai no noso país! E tamén, canta ignorancia. Desde hai uns días seica se volven tolos algúns expertos porque están a investigar a bola de fogo que o sábado 22 cruzou polo norte de España. Eses expertos se leran as noticias que hai que ler, verían que o día da feira de Maceda, este mesmo xornal sacaba unha publicación na que eu me reencontraba co meu amigo extraterrestre; o alieníxena que aterrara na Pitediña de Baños de Molgas. A feira foi o día 20. A bola de fogo foi o 22. Hai que ter un chisco de cabeciña para intuír que tal ovni era o meu amigo, que marchaba de novo para a súa casa. A datas cadran moi ben. É normal que botara uns días con el. Despois Pingas de Orballode percorrer millóns de quilómetros de anos luz, non lle ía dicir cando chegou que xa podía marchar. Leveino outra vez para que se bañara na auga da burga. Ensineille a capela de Santa Eufemia. Cando estabamos dando uns paseos pola Glorieta de Os Milagres quixo falar de política, pero aí pareille os pés, digo a lingua. Díxenlle: o noso país si que semella extraterrestre; non hai quen o entenda. Así lle dixen. Ó regresar para Baños de Molgas, botámonos a voleiriñas polo Outeiro do Corno abaixo. Agora é esa “bola de fogo” que “uns expertos” están a estudar. Ignorantes! Se leran La Región...

Eu, un servidor

Mentres a auga baixa polo río e o 69 punto g de Sabina asalta unha cociña, eu, un servidor, vivo porque vivo en min e non na carreira da Lama, por exemplo. Non é fácil vivir nun mesmo. Os propios diaños, ás veces, fanme unha falcatruada. Menos mal que só é ás veces. Eu, un servidor, son de risa fácil e cando quere asomar o demo mándoo para o Parlamento, que alá ten ben con quen pelexar. Case sempre me obedece, polo que quedo feito un abril. E cando chega o maio, o mes das flores, xa río a cachón por entre os toxos e as xestas de calquera lugar do monte Pinouzos. Pero eu sigo a quedar co abril. É o meu mes. Será porque nacín nel; non sei. Eu, un servidor, quero e vivo feliz porque si, porque me dá a gana. Xa sei que a felicidade non existe, que tan só existen eses momentos nos que te atopas na gloria e xa pensas que alcanzaches a felicidade eterna. Mentres a auga segue correndo polo río e o jazz de Wes Montgomery se me sobe á chepa do entendemento, eu, un servidor, vivo para quen así o desexe e non me custa nada sorrir e rir incluso a un tempo porque vivo feliz, aínda que a miña vida ande ás topadas, a trancas e barrancas. Como a dos demais. Pois non son especial. Son simplemente eu, un servidor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES