Sementadores de paz
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de enero de 2019
Teño oído que DO QUE SE SEMENTA, ESO MESMO SE RECOLLE
Está claro que se sementamos cebolo non podemos esperar recoller repolo.
Tamén está claro que se sementamos maldade, non podemos esperar recibir bondade.
NON ESTÁ TAN CLARO QUE SEMENTANDO BONDADE VAIAMOS A RECIBIR O MESMO PAGO; PERO HAI QUE INTÉNTALO A TODA COSTA.
Estamos empezando un novo ano.
Fixemos para el mil propósitos:
-Unhas persoas desexarán ter éxito nos estudios.
-Outas no amor.
-Outras desexarán encontrar o traballo que lles gusta.
-Outras desexarán facer aquela compra coa que levan soñando moito tempo.
-Outras agardan poder facer un cruceiro polo Mediterráneo.
-Outras desexan curar unha enfemidade moi latosa.
-Outras
¡Eu que sei!
-Das que fan propósitos para ter éxito nos estudios, haberá unha porcentaxe que o acadará porque ten a capacidade e pon o empeño necesario para conseguilo.
O éxito nos estudios hai que construílo día a día.
Outras non apretarán tanto os cóbados como necesitarían.
Outras non os acadarán por falta de capacidade.
-Tamén haberá quen encontre o amor da súa vida.
E haberá quen non.
-Haberá quen encontre o traballo que lle gusta e para o que ten a preparación axeitada e haberá quen terá que adaptarse á oferta do mecado laboral.
Tamén existe a posibilidade que alguén siga esperando a súa oportunidade.
-Haberá quen poida facer aquela compra coa que leva soñado moito tempo e haberá quen empregue os cartos noutra cousa.
-Moitas poderán facer o cruceiro dos seus soños.
Outras terán que deixalo para outra ocasión mellor porque imprevistos nunca faltan.
-As enfermas que superen a enfermidade, sentiranse moi afortunadas. As que non, poden optar por sufrir con paciencia
En calquera dos casos, SEXA CAL SEXA A SITUACIÓN DAS PERSOAS; TODAS, ABSOLUTAMENTE TODAS PODEMOS SER SEMENTADORAS DE PAZ.
-Os estudiantes poden velar pola paz entre compañeiros, levarse ben e facer amistades.
-Tanto as que encontran o amor, como as que non, poden ir pola vida sementando paz e cultivando a amistade.
-As que encontren o traballo desexado, poderán sementa-la paz entre os compañeiros; e as que non, cos que teñen ó seu carón.
-As que conseguiron facer aquela compra que desexaban, felices elas e as que non; esperarán pacientemente mellor ocasión.
-As que poidan face-lo cruceiro poderán semmentar paz con moitas persoas e as que non, cos veciños de cada día.
As persoas enfermas que xa están liberadas do tormento da enfermidade, rebosarán paz polos catro costados.
As que non; teñen moito máis valor se saben llevar con paciencia os seus males.
Unha persoa enferma que conserva a paz, ten consigo unha gran riqueza e tamén sementa paz ás persoas coidadoras.
Concluíndo:
TODOS ESTAMOS CHAMADOS A SER SEMENTADORES DE PAZ.
Benaventuradas as persoas pacíficas porque elas heredarán a terrra, di a Sagrada Biblia.
O ano 2019 será un ano estupendo porque imos facer todo o posible para que así sexa.
Se facemos todo o que poidamos para que todo saía ben, será un ano maravilloso.
Só temos que construílo se queremos ser sementadores de paz e herdeiros da terra.
Esta será a mellor opción.
HERDEIROS DA TERRA
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por tanta e tanta paz como deixa sementado ó longo da súa vida.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora