Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por pedir que non quede

lunes, 31 de diciembre de 2018
Alá se vai o ano 2018. Que practicamente non me di nada. Levo uns días pensando que acontecementos puido haber para plasmalos precisamente neste Recuncho, e non me sae nada. Absolutamente nada. Nin tan sequera acontecementos deportivos ou cinematográficos, que xa é dicir.

Minto un pouco; houbo un futbolístico que, para un servidor, é suficiente para vencer a todos os demais (se é que os houbo): a chegada a primeira división dun molgués, o fillo do Villar, don David Ferreiro militando no ascendido Huesca. O primeiro molgués que acada tal mérito. Pero fóra desa bomba, todo o demais, ou é que non mereceu a atención debida ou é que a min se me pasou tal acontecemento digno de quedar nos anais do 2018.

Donald Trump leva tanto tempo dándolle voltas ó muro que me dan ganas de mandalo a que xunte de novo a Pink Floyd. Sobre as desgrazas alleas, hai que diferenciar entre as acontecidas en países “desarrollados” e os outros. Que hai moita diferencia. Moita. Aínda hai pouco días asomou un tsunami por Indonesia e creo que só apareceu nos xornais dous días; un para dicir que acontecera e o outro para sinalar que aumentaran as vítimas. E acabouse o tema. Agora que se busquen a vida. Sobre Cataluña, ufff, aquí non opino nada. Porque sei que á inmensa maioría non traga, non comunga coas miñas opinións políticas. E como se adoita dicir, teñamos a festa en paz.

Que este día, o de hoxe, é para iso; para desexar todo o que se poida desexar, que despois, me cago no demo, case nunca se cumpre. Pero por pedir que non quede, non si? Así é que por iso rematamos sempre o ano vello con moita alegría, con moito barullo e con doce uvas ou doce badaladas nas que, en cada unha delas, adoita ir un pensamento, un desexo, un soño e, si, incluso tamén algunha realidade.

Por pedir que non quedeÓ momento xa empeza ese Ano Novo, ese ano 2019, que nos dará alegrías, frustracións, risas, bágoas, como calquera outro ano. Porque é lei de vida.

Porque se miramos para atrás, vemos que todas as Noites Vellas sempre pedimos o mesmo e, despois, uns desexos cumpríronse e outros non. Mais como sempre temos esperanza (eu máis ca ninguén)... boa Noite Vella e Feliz Ano 2019!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES