Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que acabe axiña!

lunes, 31 de diciembre de 2018
Que difícil papel o do gregario. Que difícil comprender o papel do líder nos momentos de gloria, pero moito máis nos convulsos momentos do sufrimento. Isto vale para o deporte, no que os seguidores dos grandes equipos utilizan como arma arroxadiza alineacións e fichaxes, triunfos e derrotas, que as derrotas non teñen dono, pero súfrenas todos. E na política peor ca no deporte, que non se xoga con querencias senon con crenzas; non con victorias senón con ascensos, permanencias, travesías no deserto e a volubilidade dos votantes.

Será por maio cando vaiamos votar marcados a lume polos resultados de Andalucia, que doen polas cicatrices que deixou este movemento telúrico que fixo perder o equilibrio a case todo o mundo político que, ás veces, nada ten que ver co mundo real.

Pendentes en Lugo de que Vox desembarque, as Mareas pacifiquen os seus panoramas, de que Cidadáns consiga presentar lista nunha ducia de concellos, que o PP afiance o liderado e que o home tranquilo que encabezará a lista consiga que lle escoiten o que ten que decir, e que o Psoe comprobe se o de Andalucía foi un mal soño outonizo ou anuncio de que a terra treme por Becerreá, epicentro da terra fonda hai anos, e da política agora.

Os militantes do Psoe teñen motivos para preocuparse polo que o seu xefe de filas ande a facer por Cataluña que, aínda que non se teña comprometido a nada comprometedor, non hai ninguén que considere que mantivo o tipo diante dos nacionalistas, e ninguén o tilda de valente, constante ou firme.

Os fubtoleiros atácanse e deféndense coas victorias do Madrid ou as desventuras do Barcelona… pero nin no Psoe presumen de Cataluña, nin os do PP cantan glorias de Casado… Nin de Feijóo, aínda que podían facelo porque é o que mellor está saíndo dos temporais físicos e políticos, aplicando o sentidiño galego, moi lonxe por riba do seny catalán.

Como –Guerra dixit- o que se move non sae na foto, ninguén se move, fala ou move as cellas. Pero o fume denota procesións internas. Que remate axiña o ano, por se podemos facer borrón e nova conta, e o día un, de novo, podemos estar a velas vir… e falar de fútbol. Que compromete moito menos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES