Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A piedade popular ao Santo Cristo de Goián (Sarria)

viernes, 28 de diciembre de 2018
Artigo dedicado a D. José Somoza Díaz, párroco da freguesía de San Miguel de Goián (Sarria).

I. Trazos Xeográficos de Goián (1)

Coordenadas U.T.M. X= 624.854. Y= 4.741.638.

San Miguel de Goián é unha parroquia do municipio de Sarria, arciprestado de Sarria e diócese de Lugo. Linda polo Norte coa parroquia de Santiago de Saá (O Páramo); polo Sur coas parroquias de San Miguel de Vilapedre, Santa María de Belante, San Xulián de Meixente e Santa María de Ortoá, pertencentes ao municipio de Sarria; polo Leste coas comunidades parroquiais de San Xulián de Frades e San Fiz de Vilapedre, ámbas as dúas do municipio de Sarria, e coas de Santiago de Saá e San Martiño de Torre, que forman parte do municipio de O Páramo; finalmente, polo W., coa parroquia de Santa María de Belante (Sarria). Esta freguesía, que vei diminuida neste século a súa poboación, posúe 77 habitantes no ano 2017 (2), que están distribuídos nas entidades de poboación de Cabezares, Escarlán, Airexe, A Lama, Outeiro, Serra, Vilalence e o Peteiro. O termo está regado polo río de A Lama e as súas principias altitudes se encontran nos montes de a Serra do Páramo, que acada unha cota de 860 metros. Nesta comunidade parroquial hai dúas capelas adicadas a San Marcos e a Virxe do Pilar; ao pé da primeira atópanse dous sartegos antropoides, cavados na roca (3).
A piedade popular ao Santo Cristo de Goián (Sarria)

II. Algúns trazos sobre a noción de piedade popular
Para o teólogo Luís Maldonado a piedade popular que él prefire darlle o nome de “catolicismo popular” “relixiosidade popular” é a sintese dun cristianismo establecido nas poboacións rurais de Europa logo de introducirse nas súas creencias, é dicir, na súa relixiosidade telúrica e no seu estilo de vida agrocultural (4). Este concepto está moi ligado coa visión estática a que fai alusión Michel Vovelle (5). Pola súa banda, Pedro Castón Boyer prefire falar de “relixiosidade tradicional” para diferenciarla dunha “relixiosidade oficialista”. A primeira estaría reflectida en todos aqueles comportamentos religiosos, que integran a cultura dun pobo e, polo tanto, vencellados co seu universo simbólico (6). En contraposición coa visión anterior, ésta estaría máis relacionada cunha conceptuación dinámica (7).

O antropólogo W.A. Christian evita o uso da expresión “relixión popular” xa que o termo “popular” rematou por connotar o sentido de rural por oposición a urbano; primitivo por oposición a civilizado; tradicional por oposición a moderno…Isto motiva que sexa partidario de falar de relixiosidade local, xa que os costumes relixiosos coas súas semellanzas e diferencias teñen en común á vinculación a un lugar concreto e aun orixe histórico (8). Así mesmo o historiador Andrés Gallego non utiliza a expresión relixión popular senón que fai mención aun refacer a vivencia relixiosa na historia, é dicir ás formas de vivir a relixión (9). Finalmente os antropólogos Gurutze Arregui e Ander Manterola manifestan que a relixiosidade popular é unha das manifestacións da cultura dunha comunidade, que ten como ámbito de estudio o conxunto de crenzas e rituais froito da actividade simbólica dun grupo humano e que o propio grupo humano caracterizou como sagrados e relixiosos (10).

A relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten os seus trazos especiais. Cada comunidade vive e manifesta a fe dun xeito propio. Unha relixiosidade é popular cando se configura con ese pobo e manifesta o seu sentir. É parte da cultura, dun modo de pensar e de vivir. Para comprendela cómpre ter en conta o pasado; o que na actualidade lle rodea; os trazos do lugar; o estilo das persoas; como viviron o cristianismo; que é o que herdaron dos séculos pasados; que é o que cada unha das xeracións recibiu e aportou. Polo tanto, é popular o que o pobo crea mais tamén o que recibe, asimila e fai propio. Unha das manifestacións da relixiosidade popular radica nos santuarios.

O santuario é un espacio de culto representado por unha ermida, capela ou igrexa parroquial. A él van devotos da propia parroquia, na que se empraza o recinto sacro e, tamén, doutras comunidades máis ou menos lonxanas segundo o grao de influencia que exerza o lugar sacro. «El Santuario es un lugar de culto que atrae romeros en ámbito superior al local» (11).Cando os romeiros non pertencen á parroquia o máis habitual é que veñan o día ou días propios da festividade da entidade sacra, simbolizada por algunha advocación de Cristo; de María; ou dalgún santo-a. «El santuario es un templo en el que se venera la imagen o una reliquia de la Divinidad, de la Virgen o de un santo de especial devoción» (12). Éstes adoitan acudir ben dun xeito individual ou colectivo para suplicar á divindade a súa mediación ante unha serie de rogativas de índole material (sandar, obter boas colleitas, rogo polos recen nados...) e, algunhas -ás menos- de carácter espiritual; tamén veñen para cumprir coas promesas ofrecidas, logo de que a entidade sacra lles outorgase as peticións requeridas. «Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva» (13).

NOTAS:
1. FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX).
2. Segundo o I.G.E. do ano 2017.
3. AMOR MEILÁN, Manuel.: “Provincia de Lugo”, en la Geografía General del reino de Galicia. Dirigida por F. Carreras y Candi. Editorial Alberto Martín. Barcelona.
4. MALDONADO, Luís.: “Dimensiones y tipos de la religiosidad popular”, en Concilium (Rev. Internacional de Teología), 206, 1986, páxs.9-18.
5. VOVELLE, Michel.: “La religión popular”,en Ideologías y mentalidades. Barcelona: Ariel, 1985, pp.125-131.
“Esta visión, propia dos folkloristas estaría relacionada cun conxunto de supervivencias pagás, de supersticións e xestos máxicos, con trazos de sincretismo cristián”.
6. CASTÓN BOYER, Pedro.: “La religiosidad tradicional en Andalucía. Una aproximación sociológica”, en CASTÓN BOYER y otros, La religión en Andalucía. Aproximación a la religiosidad popular. Sevilla: Edt. Andaluzes Unidos, 1985, p. 101.
7. VOVELLE, Michel.: “La religión popular”,en Ideologías y mentalidades. Barcelona: Ariel, 1985, pp.125-131. “Esta acepción estaría vinculada a unha relación dialéctica entre religión oficial y popular…”
8. CHRISTIAN JR, William A.: Religiosidad local en la España de Felipe II, Madrid: Nerea, 1991, pax. 11.
9. GALLEGO, Andrés.: “Práctica religiosa y mentalidad popular en la España Contemporánea”, en Hispania Sacra, 46, 1994, páx. 331.
10. ARREGUI, Gurutze e MANTEROLA, Ander.: “Religiosidad popular”, en Aguirre, Ángel (dir.). Diccionario temático de Antropología. Barcelona: Boixaneu, 1993, páx.532.
11. CEBRIÁN FRANCO, Juán José.: Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982, páx.6.
12. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos. Vigo: Ed. Xerais, 1987, páx. 13.
13. PRAT I CARÓS, Joan.: “Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía”, en la Religiosidad Popular. III. Hermandades. Romerías. Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES