Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pantasmas

martes, 27 de noviembre de 2007
Coa seca, volven as pantasmas. Coa seca, os encoros que sepultaron pobos vivos e condenaron ó desterro a centos dos seus habitantes, amosan os seus segredos mellor gardados e os restos do pasado volven asomar como conciencias de pedra que a auga non foi capaz de disolver, quizais por non ser de zucre nin sal senón pedra que aínda moles mantense en pe.

As choivas destes últimos días aínda non foron quen de facerse notar nos amplísimos espazos que a política de pantanos considerou estaban chamados para ser cubertos con auga prometedora dun espléndido futuro.

Pero a auga, aínda que prometa, de por si non da un futuro ás xentes, máis cando esa auga está embalsada para ser explotada por outros no nome – ou coa disculpa- da comunidade, da producción de enerxía, do supremo ben común sobre a propiedade particular.

Nos encoros de Galicia (o exemplo de Belesar é o máis ostensible, en Portomarín), as vellas pedras son como conciencias, e coa baixa do nivel da auga volven convertirse en centenarios lindeiros, en restos de igrexas, en casas, en cemiterios, en pontes, en sinais de vida que foi. Son lembranzas dun tempo que xa non existe. Pero son só pedras.

Sería tremendo que outros elementos puideran asomarse dese xeito. Sería arrepiante que os mortos nas estradas en obras puidesen facer constar a súa presencia tempo despois.

E en Galicia, que non cremos en pantasmas pero seguro que dalgún xeito existen, temos moitos lugares, moitos motivos, moitas ocasión, para que as pantasmas se nos mostren.

Nesta ocasión, afortunadamente, as pantasmas son de pedra. Mellor que chova, que así asulagámolas de novo, e non temos que pensar nelas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES