Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Lareira de soños edita tríptico e vídeo informativos sobre os frescos dos Vilares

jueves, 27 de diciembre de 2018
A Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares vén de editar un video-spot de un minuto e medio de duración e un tríptico divulgativo sobre as pinturas murais da A Lareira de soños edita tríptico e vídeo informativos sobre os frescos dos Vilaresigrexa do século XVI de estilo gótico hispano flamenco.

Vídeo e tríptico súmanse a outras iniciativas para tentar restaurar esta xoia pictórica e dar a coñecer as súas características e valor histórico e artístico.

Ámbalas traballos foron deseñados polo técnico audiovisual Antón Figueira e a museóloga Sonia Engroba. Esta última participará tamén como ponente na xornada dun mestrado da UDC no campus de humanidades de Ferrol sobre museos, arquivos e bibliotecas coa restauradora Uxía Aguiar arredor dos Frescos dos Vilares o 31 de xaneiro.

O vídeo está xa a circular pola redes sociais e o tríptico será distribuído na propia igrexa, e locais e comercios próximos desde principios do próximo ano 2019.

Encargado xa por Patrimonio o proxecto definitivo da restauración, seguimos a traballar para que se contraten tamén os traballos e salvar así estas importantes pinturas.

A nosa campaña ten como lemas:
#SalvemosOsFrescosDosVilares
V SÉCULOS DE NÓS/FRESCOS DOS VILARES

O logo da campaña ten un gravado da artista Viki Rivadulla como imaxe pública.

O noso agradecemento aos profesionais colaboradores na nosa labor de defensa e posta en valor do patrimonio dos Vilares.

VÍDEO-SPOT: https://youtu.be/_p2FZ6FqO38
A Lareira de soños edita tríptico e vídeo informativos sobre os frescos dos Vilares
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES