Persoas de boa vontade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de diciembre de 2018
Estamos celebrando as festas nadalencas, as máis entrañables do ano.
Festas que son vividas de moi diferentes maneiras:
-Para unhas persoas: a reunión da familia é o máis importante.
-Para outras: encontrarse cos amigos que viven lonxe ou non teñen oportunidade de vérense a miúdo
-Para outras: soñar con Papá Noel, que baixa pola cheminea ás agachadas e trae regalos para todos.
-Para outras: a nostalxia de lembrar ás persoas que non están presentes.
-Para outras: solidarizárense con aquelas persoas que se atopan soas ou enfermas; ou ámbalas dúas cousas á vez.
-Para outras: ter con que comprar regalos para as persas queridas.
-Para outras: vender os seus productos dálles moita ganancia económica.
-Para outras: reunirse arredor do Portal de Belén, adorar ó NENNO DEUS e cantar panxoliñas é o centro destas festas.
Todas son PERSOAS DE BOA VONTADE porque:
-REUNIR A FAMILIA TEN MOITÍSIMA IMPORTANCIA.
A familia unida endexamais será vencida.
-AS REUNIÓN DE AMIGOS UNE ÁS PERSOAS.
A amistade é algo que sae do corazón porque existe unha química que favorece a relación
-PAPÁ NOEL.
Entrou na nosa sociedade da man do consumismo e do materialismo.
Está sustituíndo ó noso PANDIGUEIRO e ó noso APALPADOR.
Aínda que non se entenda moi ben como tendo do noso o sustituimos polo de fóra; pero é ben aceptado porque move a economía e alegra a vida.
-RECORDAR ÓS AUSENTES.
Significa agradecemento; pero sen que eso nos impida vivi-lo presente cos presentes.
-A SOLIDARIEDADE ACENTÚASE NESTAS DATAS:
Incluso se fai publicidade falando da dignidade dos sen teito.
A sociedade actual está plagada de pobres de diversas clases.
A solidariedade debémola practicar todo o ano e tódolos días da nosa vida.
-COMPRAR REGALOS.
Para ter un detalle coas persoas queridas é un símbolo do aprecio cara a elas: un intercambio de enerxías positivas.
-OS VENDEDORES TEÑEN QUE VENDER.
Neso está o seu sustento e o das súas familias; é o seu lixítimo medio de vida.
-PARA OS QUE CELEBRAMOS O NACEMENTO DO NENO DEUS:
Eso é o máis importante.
Sentirnos amados por Deus e amar ós demais como criaturas divinas que son.
Porque: en Deus vivimos, en Deus nos movemos e en Deus existimos.
Para nós: Deus é o principio e o fin de todo canto hai.
Tanto para as persoas que confesamos esto como para as que o rexeitan ou para as que o ignoran; DEUS ESTÁ AÍ PORQUE NON PODE NEGARSE A SI MESMO POR SER EL QUEN É.
Pensando dunha ou doutra maneira:
TÓDALAS BOAS PERSOAS INTENTAMOS SER PERSOAS DE BOA VONTADE E SEMENTADORAS DE PAZ.
SEMENTADORES DE PAZ
Este será o título do seguinte artigo para comezar con bos propósitos o ano 2019.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Boas Festas!

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora