Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Avelino Díaz

martes, 25 de diciembre de 2018
Veño de participar en Meira nunha xornada entrañable de lembranza e homenaxe a Avelino Díaz, por cumprirse 121 anos desde o seu nacemento en Órrea (Riotorto).

Avelino Díaz medrou en Meira, despois da súa primeira emigración e antes da segunda, que sería a definitiva, e na que non volvería á terra.

Na Arxentina fíxose grande como poeta, sendo admirado e recoñecido polos galegos emigrados, e case descoñecido na súa propia terra, na que agora hai unha Asociación co seu nome que leva varios anos traballando para que a Real Academia Galega lle dedique a Avelino un Día das Letras Galegas.

Nesta xornada, na que participaron os alcaldes de Riotorto, Meira e Pastoriza, houbo recitado de poemas de Avelino, e poemas de creadores novos da comarca, dando dúas leccións maxistrais o historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, sobre “Galicia fóra de Galicia: o buenos Aires de Avelino Díaz”, e Ramón Villares Paz, membro da Real Academia Galega, ex presidente do Consello da Cultura Galega, que falou sobre “Emigración e exilio no tempo de Avelino Díaz”.

Foi unha xornada das que compre ter en conta, que fan historia, que miran atrás sen ira, con mirada limpa e intelixente, para reivindicar a quen foi moi grande e aquí era descoñecido, e como é momento de rescatar do esquecemento anacos da nosa historia, os pobos teñen o dereito e o deber de rescatar aos seus grandes, como exemplo para hoxe e para sempre.

Que Avelino Diaz se fixese gran poeta na emigración, editando os seus libros, facendo patria naquela Arxentina na que os emigrantes vivían en galego mentras aquí non se podía exercer de galego consciente, merece que os seus veciños lle fagan xustiza na distancia e recoñezan o que aquel membro dunha colectividade de emigrantes logro1u: Facerse escritor galego a miles de kilómetros de distancia, trascender agora no espazo e no tempo, e lograr ser motivo de unión e de traballo para xentes que o admiran e que o queren, e que están dedicando grandes esforzos para que a súa memoria non morra de todo, senón que a súa poesía faga que Avelino Díaz viva para sempre.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES