Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cuestión de décimas

lunes, 26 de noviembre de 2007
Nunha sustitución da realidade por símbolos, as décimas chegan a ser elementos vitais para coñecer a situación do país, ou de algún aspecto dese mesmo país.

A variación nunha décima hacia arriba ou hacia abaixo é todo un acontecemento, trátese no consumo, na producción, no nivel de vida ou nos xuros bancarios.

As décimas son manexadas polos especialistas, de xeito que cando a información chega ós destinatarios estes xa experimentaron nas súas carnes esa variación, en igual ou maior medida, que tampouco esas décimas rexistradas como tales son dogma de fe.

Se sube unha décima o custo de vida, o consumidor sabe que se trata dunha visión dese custo, no que se ponderan de xeito variado os diversos productos que se supón entran nos hábitos da xente normal, que tamén ten que introducir coeficientes correctores a esas décimas para que o resultado se pareza un pouco ó que o seu peto detecta.

Claro que as décimas tamén se utilizan como frechas envenenadas cando se fala de intención do voto. Os últimos datos ó respecto indican que de celebrarse agora elección xerais o Psoe obtería o 39,7% dos votos, mentras que o PP somente acadaría o 37,4%. O PP avanzou unhas décimas, que por agora non lle chegan para sair victorioso.

Que o resultado da enquisa sexa ese, non cabe dúbida. Pero a publicación dunha enquisa vale para reafirmar nas súas posturas ós votantes decididos de ambalas duas forzas políticas, vale para motivar ós que se apuntan a cabalo gañador indicándolle cal é a tendencia. Vale, en fin, para publicitar ós diversos políticos que non poden perder oportunidade de facerse notar.

As décimas son a alma de boa parte das noticias. Que lonxe no tempo e, sobre todo, que lonxe no concepto daquela “décima” poética de don Vicente Espinel que a historia coñece como “Espinela”!. Agora, as décimas valen menos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania