Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sei o que vale un chiste

miércoles, 02 de enero de 2019
Levamos moito tempo baixo a ditadura socialmedia do politicamente correcto. Hai que utilizar unha determinada linguaxe, manter unha determinada compostura, seguir unha rota de coherencia… Se te saes da norma pódelo pagar caro, sobre todo se non tes o respaldo dunha boa conta corrente ou dun padriño cunha boa conta corrente. Nunha esfera de poder, a liberdade de expresión é total; fora dela hai que ter coidado co que se di porque te pode estigmatizar laboral ou socialmente.

O politicamente correcto é un virus que infecta de cinismo á democracia, provocándolle unha anemia constante ata reducila a unha mera representación; é dicir, a democracia é menos que o mundial de fútbol ou as olimpíadas, reducíndose a un día cada catro anos (polo menos habería que darlle un mesiño, como aos exemplos citados). En democracia o humor debería ser un elemento primordial porque desdramatiza a realidade e pon negro sobre branco as intencións das persoas que interactúan nela. Polo tanto, é lexítimo preguntarlles aos nosos políticos, empresarios, economistas, xente da cultura, a que teñen medo? Por que non queren ser cuestionados crendo na democracia? Por que ofende a desdramatización da realidade? unha cousa é que podamos xulgar que o humor sexa bo ou malo e outra que non exista o dereito a ser un mal humorista para unha determinada persoa. O verdadeiro e único censor do humor, das cancións, dos libros, das ideas é o pobo entendido como persoas que lexitimamente deciden consumir ou non o produto que se lles ofrece. Isto lévanos de novo á idea de diversidade, ten que haber produtos culturais para todos os públicos e unicamente o público marcará o éxito ou o fracaso do produto; pero, quen decide se o produto sigue ou non é o seu creador que libremente pode ofrecer o que considere oportuno.

Un chiste vale a liberdade de expresión individual e colectiva dun pobo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES