Á beira do Camiño: ¡Pobre mundo rico!
							Mato, Xesús - domingo, 25 de noviembre de 2007
							  Certeira frase. A sociedade da opulencia do Occidente/Norte, co seu egoísmo e consumismo non é quen de resolver o problema da fame/pobreza e da desigualdade do Oriente/Sur. Non están capacitados. O 20% segue a posuír o 80% da riqueza mundial. 
Pobre mundo rico é o lema do simposio que se celebra en Galiza. Chamada á reflexión. Duras verbas: A pobreza é a forma máis absoluta de contaminación; non se pode estar dando cunha man e quitando coa outra; a ideoloxía de mercado destrúe a solidariedade; a globalización non reporta máis que miseria, exclusión e desigualdade. Tamén se abren algunhas fiestras:Hai que globalizar tamén a solidariedade e a esperanza; os movementos cívicos son a esperanza cara a democratización das institucións; precisamos dunha Igrexa máis encarnada e evanxélica, sen morriña por un pasado de poder. O Norte/Occidente é culpable. Non na mesma medida, pero somos todos uns ricos miserables. Pertencemos ao pobre mundo rico que, a pesar de ter recursos para mudar situacións... non hai vontade. Estamos sen alma; baleiros de amor e xustiza. Seguimos a construír muros (México, Israel, África...) A igualdade vai chegar desde os pobres do Sur xa que os ricos/poderosos de Occidente/Norte estamos incapacitados por mor da nosa asasina globalización económica. ¿Que facer!? Mudar, denunciar situacións e sumármonos aos movementos que loitan contra a inxustiza. ¡Aínda nos queda a palabra...e o testemuño!
							
							
 
							Mato, Xesús
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora