Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 21 de diciembre de 2018
Tornar a auga

Hai que empezar a facer algo útil. Lanzo a aguillada con dirección ó ceo. Se cae de punta, collo un sacho e vou tornar a auga ó Río Vello. Se cae plana, collo o mesmo sacho e vou tornar a auga á Barxeliña. Antes de que caia xa sei que vou tornar a auga. Coidadiño, se por casualidade non cae, collo o susodito sacho e vou tornar a auga ó Pontón. Fixo que vou tornar a auga. A aguillada cae plana. Toca ir á Barxelina. Tornar a Pingas de Orballoauga na Barxeliña ten o seu aquel, porque ten tres regos. Se é luns só podo regar có rego de arriba. Se é mércores, có de arriba e có do medio. E ós venres si, ós venres, métolle tralla, doulle estopa ós tres regos: o de arriba, o do medio e o de abaixo. Hoxe é venres; toca, polo tanto, polos tres regos. Imos alá; collo o sacho e métome pola carreira de Bouzas. Ó chegar á Pontella atallo polas poulas dos veciños de Bouzas. A noite xa está enriba. O medo é libre. Pero eu, coma un heroe, sigo. Máis noite será ó volver, pero... Pero bótome a cantar para axotar o medo. Ó chegar ó lameiro da Barxeliña torno a auga e vixío un chisco a que as toupeiras non fagan das súas, que non me leven a auga para outros lares. Ó chegar á casa bótolle unha mala mirada á aguillada. Pero, agora, xa está.

A volta do meu amigo

No momento en que Alán e máis eu estabamos facendo os bocadillos para xantar sobre unha mesa de pedra das Mestras, oímos un ruído xordo procedente da Pitediña. Sen practicamente ver o que era, xa souben ó instante quen era. Era o meu amigo alieníxena que aterrara o mes de xuño de 2017 no mesmo lugar e que os meus veciños ataran a un carballo das Mestras, de onde eu o conseguira liberar. Botei a correr para abrazar ó extraterrestre. E si, tiven que facelo con moito coidadiño porque, non sei se lembraredes que, o pobre, era moi pouquiña cousa. Faleille na linguaxe que nin eu mesmo coñecía para saber por que volvera e por que o fixera tan axiña. El tamén me falou nunha linguaxe estraña pero que lle entendía todo. “Pois nada, díxome, cheguei e volvín. Conteille catro cousas ós meus sete pais e ó momento xa empecei a chorar... porque te botaba de menos”. Quedei alucinado. Veña oh, non sexas esaxerado; así lle dixen. Insistiu de tal maneira que non me quedou outra que crelo. Presenteille ó meu fillo. O alieníxena sorriu a abalanzouse a Alán para darlle uns bicos. O rapaz, como non sente a miña paixón polo máis das estrelas, acochou detrás de min e tan só lle chocou a man.

Pingas de Orballo
A cor política

Non entendo nada. Ás veces les declaracións nas que te preguntas ó momento se alguén pensa que somos parvos. Les titulares que non che entran nin polas asaduras. E, despois, se se le a noticia enteira, ves que a desenvolven de tal maneira que non queda outra que admitir que... chapeâu pola paisana que levou a cabo o gran experimento, a gran tese. Resulta que unha economista realizou unha tese, toda unha tese (con todo o que significa unha tese) na que relaciona a cor política co que reciben os concellos. A ver!, eu polo menos quedei alucinado, e foi aí cando pensei que nos toman coma paspáns. Unha tese para saber o que xa sabe hoxe un rapaz de 16 anos, por exemplo, e que intúa un pouco como se desenvolve a política no noso país. Non hai que ser linces para saber que o que domina reparte, sen miramentos nin rabo de gaitas, para os seus submisos, para os seus vasalos. Algúns ata incluso o espallan sen vergoña. Aí está, para que se saiba ben quen manda. Seguro que na nosa terra hai varios concellos (poucos, esa é a verdade, porque gobernan en poucos) que saben moito disto, que saben que non cheiran un euro ou unha obra porque son doutra cor política. A do desamparo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES