Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 19 de diciembre de 2018
Cabeza dura!

Se remato coa cabeza pode ser gol ou podo romper a parede. Mellor a parede, pois romper a cabeza, non creo. Téñoa dura, moi dura. E aínda que lle diga a todo que si, despois póñolle o rabo ás cereixas cando me peta, ou sexa, fago e desfago ó meu xeito. A ver se alguén vai pensar que me domea. A todos lles digo que si porque queda mellor. Pingas de OrballoEles quedan contentos, eu non dou máis explicacións, e, ale, despois... Deus dirá. Pero a gran dureza da miña cabeza está no que escribo. Eu ben sei que a moitos non lles gusta o que escribo... politicamente. Cando me insinúan algo, pois o dito, dígolles que si; pero á volta da esquina, á volta da folla, do escrito, deixo que o bolígrafo risque eses pensamentos que, eu mesmo, ás veces, ata confeso que son algo retorcidos, revirados. Teñen que ser! Porque se ve cada cousa. Porque se le cada frase, cada sentenza. A testán non me gana ninguén. Ata a miña probe nai me dicía que lle era o máis rosmón. Falando claro: que lle saín torto. Eu, a ela tamén, máis que a ninguén -por ser nai- dicíalle que si... a todo. Despois xa outro galo me cantara. Cabeciña dura! Certo. Porque aínda que me censuren eu insisto. Unha e outra vez. Antes rompo a parede que a cabeza.

A imposición do apalpador

Algúns están a queixarse de que por Barbadás non pasa nin semella que pasará o Papá Noel. E todo por culpa da concellaría de Cultura que seica trata de impoñer a tradición do Apalpador. Isto da imposición foi o que me chamou a atención, porque se me veu ó pensamento a eterna carallada e pallasada da “imposición do galego”. No caso desa queixa, fágome tamén a pregunta: quen impón a quen? Quen impón, quen impuxo o Papá Noel? É acaso castelán (ou español) o Papá Noel? Para un servidor, anos atrás, nin existía o Papá Noel nin existía o Apalpador. Tan só existían os Reis Magos. Pero todos sabemos que dun tempo para acá, tanto os ianquis ou anglosaxóns como os grandes centros comerciais, son os que ditan as imposicións de todo: desde o venres negro ata o día do pai, desde Halloween ata o día da nai, pasando por suposto polo día dos namorados. Non tardaremos en celebrar con eles o 4 de xullo ou día da independencia e o día de acción de grazas, por exemplo. Admitiría a imposición se dixeran os Reis Magos polo Apalpador, pero que poñan de exemplo o Papá Noel... isto non acaba de entrarme.

Por un cántaro de viño

Hai vodas que levan a desgraza encima xa desde o primeiro momento. Tal como Pingas de Orballosucedeu en Marzás, no concello de Baños de Molgas, no mes de abril de 1921. Resulta que alí había a costume, como noutras aldeas, de que os que se casaban obsequiasen á mocidade do lugar. Pero Vicente Muñoz Delgado negouse a elo, a esa costume (quizais por non querer agasallar a ninguén) e sostivo co seu circunveciño Ramón Delgado Vila unha violenta disputa que acabou mal, moi mal. E todo por un simple cántaro de viño, que era o que lle reclamaba Ramón ó casado de Marzás. Neses casos de veciñanza, de voda as tirapuxas case sempre se inician en broma. Logo, xa se sabe, as bromas acaban en caralladas. Ramón deulle a Vicente un golpe na cabeza cunha pedra producíndolle tan grave ferida que non tardou máis de catro horas en morrer. Ó agresor, solteiro e con 27 anos de idade, os mesmos que o seu xa defunto circunveciño, detívoo ó día seguinte do crime a Benemérita, que o entregou ó momento no xulgado municipal de Baños de Molgas. O que tiña que ser unha felicidade practicamente eterna para o casado, converteuse, por culpa dun arroutado, nun descanso eterno. Por un cántaro de viño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES