Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Practicando a responsabilidade

jueves, 20 de diciembre de 2018
Moito e moi ben se fala da responsabilidade; pero á hora de practicala; deixa moito que desexar.
Certo que hai persoas moi responsables; pero non é menos certo o que nos din cada día os medios de comunicación:
¿Cantas persoas están entre reixas por saltárense valores fundamentais?
Moitas.
¿Cantas están á porta?
Moitísimas.
Os xuices non dan feito e o persoal penitenciario, tampouco.

Eso dos casos que saen á luz, pero quedan moitos no anonimato.
Porque unha boa parte da sociedade xa pensa que certas maneiras de proceder están dentro dos parámetros da normalidade

Por exemplo:
Moitos cristiáns de a pé, consideran normal vivir en parella sen a penas tempo de relación, sen papeis e sen pasar pola vicaría.
E quédanse tan tranquilos dicindo que viven en pecado. Aínda hai quen presume.

¿Tan pouco significa para esas persoas fundar unha familia?
¿Non debe fundamentarse a familia en piares sólidos?
¿Non é nada serio entregarlle a outra persoa a nosa vida afectiva, a nosa persoa, o noso ser?

Fundar unha familia non debería considerarse unha aventura.
Construír unha familia “no aire” é como construír castelos no aire. Non ten fundamento, derrúmbase por si soa.

¿Valoramos tan pouco a nosa afectividade que hoxe entregámoslla a unha persoa e mañá a outra?
¿Xa deixou de ser un valor importante a fildelidade?
FAGAMOS O QUE FAGAMOS E PENSEMOS COMO PENSEMOS, A FIDELIDADE SEGUIRÁ SENDO UN DOS PIARES FUNDAMENTAIS Á HORA DE FORMAR UNHA FAMILIA.

Pois…
A realidade dinos que hoxe en día vai así a cousa en non son poucos os casos.
Todos temos amigos e coñecidos nestas circunstancias.
Unhas veces van madurando as persoas, sobre todo coa chegada das criaturas e nalgúns casos poñen papeis por medio e noutros incluso pasan pola vicaría.
Para estas persoas os papeis son necesarios porque xa di o refrán que onde papeis falan, barbas calan.

Para as que foron educadas na fe, non se conforman con vivir en parella, QUEREN CONSAGRAR AS SÚAS VIDAS EN MATRIMONIO.

Cando esto sucede, cabe esperar que esa familia sexa duradeira.
Cando non; ou si ou non.
A estabilidade social depende en boa medida da estabilidade familiar.
Non hai outra forma mellor para crear unha boa base social que formando familias estables.

Pero:
¿Qué exemplo e que ferramentas lle estamos dando á xuventude para que forme unha sociedade estable?
-Se na casa viven situacións de violencia, malamente poden confiar na institución familiar.
- Se non se preparan en conciencia, malamente poden acceder a un posto de traballo digno.
-Se non foron educados para esforzarse, para sacrificarse e para saber perdoar moitas veces, pouco éxito poden ter,
-Se lles damos todo feito desde a máis tenra infancia, van abocados ó fracaso.

En fin…
Esta sociedade ten moitos membros enfermos.
Tamén ten moitos que gozan de moi boa saúde.
Son as persoas de boa vontade.

“PERSOAS DE BOA VONTADE”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES