Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hai lotería !

miércoles, 19 de diciembre de 2018
De hoxe, non pode pasar: teño que ir mercar lotería para o sorteo de Nadal. Non é que o corpo me pida que rinda culto á Sorte e xogue neste sorteo que tantos millonarios fai, sendo o maior beneficiario a Facenda Pública que desde o tempo do Rei Carlos III segue a exprimir esta orixinal contribución popular co pretexto de que é beneficioso para todos nós. Fágoo contra gusto.

Xa no verán, os establecementos de hostelería se encheron de carteis que anunciaban décimos desta lotería para conseguir venderllos aos veraneantes de lonxe que se supón que non poden deixar pasar unha ocasión coma esta de facerse ricos sen máis esforzo que pedirlle ao camareiro un daqueles anacos de papel.

Pensando que en cada bar que entro estou renunciando a ser rico o día 22, resistinme día a día ata hoxe. De hoxe non pasa.

Porque un amigo que che manda un décimo, a familia máis directa coa que comparto participación desde hai case medio século, as asociacións das que son membro das que hai que coller unha participación, mesmo do antigo lugar de traballo… pero hoxe teño que comprar cantidade suficiente para compensar agasallos e non quedarme sen participación do número elixido por aquelo de que non hai que xogar coa sorte enfrontándose a ela.

Non sufríndoa, comprendo a ludopatía, porque todos os anos me fago o propósito de non sucumbir á tentación loteira, e todos os anos, por presión externa ou interna, acabo mercando lotería, sempre tarde, eso sí, que na familia teño a sona de ser o último en comparecer, non sendo raro mercar a lotería o día antes do sorteo.

E arrepíame pasar por diante das administracións de lotería e ver as longas colas que se forman, non podendo evitar pensar no que poderíamos lograr se fosemos tan propensos a investir pequenas cantidades en proxectos industriais como o somos en gastar diñeiro en fume, con probabilidades de ser agraciados similares ás de caer dun décimo piso e que non nos pase nada .

Este ano non quero adialo máis: hoxe é o día. Costarame moito traballo, mercarei mirando para outro lado, doéndome cada euro que invirta en algo no que non teño fe, e no que nunca consigo recuperar máis do dez por cento do que invisto. Pero non teño outro remedio que pasar polo aro, porque o da lotería nacional polo Nadal ten moitos máis crentes ca o propio Nadal.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES