Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lisardo Guede, de Marzás a Málaga

lunes, 17 de diciembre de 2018
Hai uns días, escribindo sobre unha liorta -con morte incluída- na aldea de Marzás, no concello de Baños de Molgas, tamén me atopei co nome dunha persoa que me chamou a atención a causa dos libros que escribiu sobre Málaga e un incluso sobre Marzás (“Mi lugar: Marzás, y mi familia y vecinos”). Esta persoa era sacerdote e respondía ó nome de Lisardo Guede Fernández.

Lisardo Guede, de Marzás a MálagaSegundo os que o coñecían ben era conciso na expresión e moi reservado nos sentimentos, polo que daba a impresión de certa antipatía no carácter, pero seica tiña un mundo interior moi rico en sentimentos e sensibilidade. Tan rico que, sempre que volvía de vacacións a Marzás e incluso cando unha vez tivo que interromper a súa formación sacerdotal (a maiores de axudarlle ós pais na labranza), dedicábase baixo a calor da lareira a ensinarlle a ler ós seus amigos e veciños.

Lisardo Guede Fernández nacera o 2 de agosto de 1925. Os seus pais, Emilio e Camila, á parte de sementar millo, centeo e patacas souberon sementar a fe cristiá en dous dos seus fillos, que se fixeron relixiosos.

Os primeiros anos da súa andaina devota viviunos na casa da Orde Mercedaria en Poio, Pontevedra. Ordenouse sacerdote o 22 de marzo de 1958 en Sarria, na provincia de Lugo. Alí exerceu algúns anos ata que marchou para Madrid, onde botou moi pouquiño tempo. Chegou á Diocese de Málaga no 1969 e alá xa quedou para o resto da súa vida, que se viu truncada, logo dunha leve enfermidade, o luns de Pascua, 9 de abril de 2012, ós 86 anos de idade.

O seu cariño e amor polas terras malacitanas plasmouno nunha morea de libros sobre as aldeas, as ermidas e os personaxes máis ilustres do seu entorno. Cando xa viviu na cidade de Málaga dedicouse ós enfermos no Hospital Civil e desde o ano 1976 realizará a súa labor sacerdotal na parroquia de San Lázaro ata que pouco a pouco lle fallaron as forzas. No seu funeral, o delegado para o Clero, Antonio Collado, leu un pequeno poema que o propio Lisardo escribira e ó que titulara “Son Sacerdote”: “Medio século vai, Señor / que as miñas mans son o teu altar / os meus beizos, os teus pregoeiros / os meus pés, carro das túas grazas / o meu vivir, luz do teu pobo / eu, aquí teu sacerdote / E ti, meu Deus no Ceo”
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES