Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xabier P. Docampo

lunes, 17 de diciembre de 2018
“Pajareará tu alma colmenera / por los altos andamios de las rosas” ( M. Hernández)

Que os grandes creadores volvan ao querer da augación que o mar da infancia lles impostou no peirao das súas vivencias, é algo que demostra a querenza da súa terra, da súa parroquia e da súa comunidade.O mesmo Frédéric Chopin mandou que despois de que o metrónomo do seu corazón deixase de medir os seus tempos musicais, se lle arrincase e se levase á súa patria, Varsovia. E alí na igrexa de Santa Cruz está conservado nun frasco de “coñac”, nun dos piares da igrexa que podemos visitar, non sen antes pousar as nádegas nun banco de cantería no que mesmo ao sentar , comezan a soar as notas de varios compases coñecidos do noso Chopin, como se os polacos actuasen de búmerang de recoñecidos polo agradecemento reversíbel do músico. Moi cerca da praza onde se atopa unha columna do rei Sexismundo que aparece en “La vida es sueño” de Calderón de la Barca.

“Alimentando lluvias y caracolas” ( M. Hernández)

A principios do mes de novembro, a familia dos Docampo fai unha comida á que eu asisto en calidade de consorte e á que ía tamén Xabier P. Docampo, creador do evento; pois ben, nesa comida, falando coa súa irmá Maruxa, coméntame que as cinzas do autor volveron á súa orixe, froito desa querenza que a terra mantén cos seus creadores, froito dese diálogo espiritual dos ríos e das terras que nos criaron e amaron, porque a terra tamén ama aos que a amamos; e por iso, unha parte das súas cinzas están “alimentando choivas e caracolas”, -como nos di Miguel Hernández na Elexía á morte de Ramón Sijé-, no río Miño, porque foron botadas desde a Ponte Vella para entronizarse co Pai e Amigo da nosa Galiza e no Rábade da súa infancia rumorosa e nemorosa dos ameneiros e carballeiras ás que vivifica e funde así coa orixe da vida e da creación.

“A las desalentadas amapolas
daré tu corazón por alimento” (M. Hernández)

Outra parte das cinzas, xa especificou o autor no poema que se atopa en Castro de Ribeiras do Lea, a outra patria que amou tanto e que deu lugar a este poema pétreo, que está impreso naquela pedra fincada na homenaxe ao escritor por parte da A.E.L.G. e que reza así:

“Augas do Lea, arrolo do meu berce
que ao Miño de nacencia ides,
levade as brancas palabras
de fariña triga,
as que a mai bordou en min
co fío de ouro desta Lingua.
E ti, amada miña,
tráeme aquí no día derradeiro
e déitame neste chao.
Serei unha cerdeira.

Nas “brancas palabras de fariña triga” está falando do Muíño, topónimo e muíño que os Muinelo Docampo tiñan e teñen no río Lea e que rexentaban os pais do autor, e onde con toda seguranza se enfariñou coa brancura do trigo que lle fixo medrar en personalidade e pensamento, para seguidamente pedirlle á súa dona que parte das súas cinzas se vertan na terra que sustenta a cerdeira que el plantou diante da Casa da Cultura, alimentando o seu corazón aquelas cereixas vermellas, que tamén son os corazóns da cerdeira , -como o corazón de Chopin-, e que un ano antes de que viñese a Parca, nos dixese no Pedregal de Irimia que a cerdeira que plantara xa daba froita.

Volverás a mi huerto y a mi higuera
por los altos andamios de las flores
pajareará mi alma colmenera. M. Hernández

E logo, xa coa urna rota para que as aladas almas da finca de Vilarón da parroquia da Capela, onde ten casa, puidesen percibir os olores das rosas que as cinzas vivifican nun irse desprendendo da urna continente pola terra que fecundan e universalizan, aviventando os mínimnos seres que delas se desprenden e fan recordo.
Ave Xabier!
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania