Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No perfil das verbas

lunes, 17 de diciembre de 2018
Este libro que hoxe presentamos -aquí rodeado de amigos, como puidestes saber polas palabras tan enormes que brindan ao libro, aos versos e ilustracións e que eu, aínda sabendo da súa estima enorme, agradézolles inmensamente-... este libro forma parte dun anceio que naceu antes, noutro libro editado polo IESCHA de Vilalba, "Doce ducias", e esgotou a edición que del se fixo, onde tamén prologaba Xulio Xiz e ilustraba María Guerrero. Tres chairegos de Vilalba no mesmo proxecto.

Entón, por iniciativa de Alfonso e mais do Valdi, había que reeditalo, pero non só reeditalo igual que estaba, despois da marabillosa saída primeira tratábase tamén de pulilo e amplialo, acompañándoo doutros versos e de novas e mellores ilustracións, incluso metendo algo de cromatismo. No perfil das verbasXorde así este "No perfil das verbas" (que se chama así porque parte desa imaxe primeira que nos facemos despois de ler un poema, esa imaxe plástica que todos nós creamos, como condensación do que levamos lido representamos mentalmente esa síntese -que vén sendo imaxe e resultado do lido do que vimos de ler- resume do que as verbas nos deixaron prender e aprender).

Aquí esa primeira impresión de imaxes está feita e ilustrada, marabillosamente, por María Guerrero, que -nun inmenso traballo descritivo materializou os versos- deixando constancia da súa visión persoal, das alegorías, das figuracións, das impresións captadas entre as miñas tantas dúbidas, cando debullan versos desa necesidade de situarnos, de definirnos, de non estar indecisos, de saber e posuír, de mirar aos ollos para ver, de mirar sen ollos para sentir, de saber e de sabernos, de estar determinados con deus ou co demo, alentando esperanzas ou medos... e logo, relatalas desde a memoria con poucos trazos pero moi definidos para que expresen, e poidan saírse das palabras mesmas ou dos ecos sonoros que se maduran no íntimo silencio das soidades, facendo que vertan unha posible representación, tal coma no libro se acompañan. De aí o título: ...no perfil das verbas. Alí onde a verba se mestura para impresionarse de símbolos, liñas e pigmentos.

Tamén comeza o libro cun Limiar de Alfonso Blanco Torrado, no que destaca os recursos creativos e estéticos que limitan a nosa orixe chairega, que hoxe tamén é súa, e nese limiar conta como os primeiros debuxos e poemas -breves- que formaron parte dunha exposición de cadros que foron vendidos para sacar cartos para poñer unha pedra máis na reconstrución da Casa de Xosé Mª Díaz Castro e nos soños comúns de artes e palabras.

Todo isto empezou na "Festa das Artes" de Pardiñas. Eran poemas ilustrados, no seu día vendidos e que se sumaron ao libro que se presenta hoxe, son "Outros poemas" que ao final se engadiron facendo chamada de novas ilustracións, que queren interpretar a memoria desa nosa orixe chairega, en definitiva: galega. Di Alfonso que se suman así os ferrados de corazón coas fanegas de alma, aproveitando os versos de Manuel María, para significar a combinación de verbas, versos en debuxos cheos de alma que queren saír á luz, que queren chegar a esas cordas da emoción que vibran e fan son, reverberando cores e sentimentos, dando cumprimento á terapia necesaria que fai reconto dos días nestas conversas comigo mesmo que, así deste xeito, transcenden tamén a vós cargadas de nostalxias e melancolías que pousan nos ollos.

Sabede que este non é un libro fundamentalmente contestatario, senón que desta volta supón un regreso á afirmación, á orixe, onde me perdo devecido e insubmiso. Non hai -polo tanto- No perfil das verbascomo teño por costume, textos en pé de loita, senón esa loita en pé da dignidade primeira, e saberme na pertenza e, agora mesmo, desposuído do meu/noso no deterioro da Lingua, da Cultura, do re-conforto de sabernos quen somos, satisfeitos e propietarios do noso porvir. Tamén así rebeldes

A min non me queda outra que agradecer a vosa presenza, agradecer ao Concello a oportunidade facelo neste Vello Cárcere, pola súa disposición sempre atenta, a Xulio Xiz, a Alfonso Blanco, a David Otero, a María Guerrero, a Abella, Valdi, Otero Canto e a de todas e todos os que aquí viñestes a este acto no que se dá camiño a un libro, feito para Xermolos e a Irmandade Manuel María, para poñer unha pedra máis naquela casa que reivindica a Memoria a base de libros, de cultura, de novos soños, hoxe e coa axuda impagable de vós, dos meus amigos/as que arrimaron vontades para dar paso a un novo libro, este que é ansia de moitos soños na Irmandade e na defensa do Noso Todo Cultural, ese mesmo Todo que -en definitiva- nos define protagonistas da nosa historia e donos tamén das nosas fames.

(Palabras de Baldomero Iglesias Dobarrio-Mero, na presentación do seu libro NO PERFIL DAS VERBAS, en Lugo, no Vello Cárcere).
Iglesias, Baldomero
Iglesias, Baldomero


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES