Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ocupacións ilegais

viernes, 23 de noviembre de 2007
A un Consistorio, accédese pacificamente para efectuar xestións nas dependencias, visitar ós políticos, participar – en fin – na xestión dos asuntos municipais, de xeito individual, segundo o grado en que a cada quen lle afecte.

Para acceder doutro xeito, decidindo sobre os temas do concello, hai que terse presentado a unhas eleccións, ter obtido o apoio maioritario dos votos emitidos, e conseguido o encargo de gobernar os destinos desa institución por un período determinado.

Non é permisible calquera outra forma de entrada ou permanencia nunha institución pública, suplantando ó equipo de goberno, invadindo lugares que son de todos pero de utilización regulamentada, tomando pola súa man unha suposta xustiza.

O último caso, en Poio, onde medio cento de veciños ven de facer cortes de tráfico e invadido a casa do Concello como protesta por unhas expropiacións que efectúa a Consellería de Política Territorial, e como medida de presión sobre o goberno municipal.
Sobre a interrupción do tráfico, deberá pronunciarse a autoridade competente, e deberan pensar os participantes no perigo que supón para a súa integridade física saír a unha estrada e enfrontarse a corpo limpo cos automóbiles .

Pero presionar a un equipo de goberno pola invasión das dependencias municipais armados con pancartas, ocupando os lugares que habitualmente ocupan os mandatarios locais, e autosecuestrarse invadindo un concello é impresentable, ilegal, non pode consentirse, e non debe provocar ningún tipo de decisión oficial, que estaría condicionada ou provocada por un acto violento.

Que os dereitos persoais ou colectivos deben ser respectados, está moi claro. Pero non se pode defender un suposto agravio con unha ilegalidade, aplicando a razón da forza. E alguén deberá tomar cartas no asunto para que situacións así non se repitan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES