Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 12 de diciembre de 2018
Oito días de Cine

Amo o cine. Gústame o cine. Sigo o cine. Vexo cine. Pero, por fin, rematei de ollar cine... seguido. Foron oito días de cine que me saía polos ollos, pola cabeza e polos dedos das mans ó darlle ás teclas dun teclado para plasmar nun ordenador unha crónica ou crítica ou relato ou columna para este xornal que tedes nas mans. E sigo amando o cine. E seguirei amando o cine. Pero exclamei “por fin” porque estes oito días Pingas de Orballomantivéronme tan ocupado que case non puiden ler, que case non puiden escribir Pingas e que case non puiden saír a dar unha volta pola Valenzá ou simplemente a tomar o aire. E de todos é sabido a miña repulsión ó espazo cerrado dunha casa (certo, o espazo cerrado dun café non importa, como tampouco importa o espazo cerrado dun cine ou dun teatro; pero é que, unha casa... unha casa... é distinto). Xa podo dicir que todo volve á normalidade; coas tardes libres e as noites libres para ver... cine! Non, non irei tanto ás salas cinematográficas, pero para ver cine chega tamén coa televisión. Xa sei que non é o mesmo, pero... Pero un tampouco ten 20 anos e os desprazamentos custan; a pachorra, a nugalla fai cama mulida axiña no sofá ou na cama. Tanto nun coma na outra seguirei a ver... cine!

Que a vida ten que seguir

40 anos de constitución. 40 anos de presunta democracia. 40 anos de liberdade. Todo é moi relativo. 169 artigos que non se cumpre ningún, que non cumpre ninguén. O da democracia creo que é tan só sobre o papel. Por exemplo, hai máis censura ca nunca; da falada, da escrita e da divulgada polas redes sociais. Se falamos de liberdade... Liberdade para quen? Estamos máis escravizados ca nunca; das grandes empresas, dos Bancos e dos políticos. Os tres grandes piares do Estado español están de capa caída: a educación, a sanidade e a xustiza. O da xustiza é un caso especial, un caso á parte. Non dá unha a dereitas. A Fiscalía ataca ós que debía defender e os xuíces... os xuíces ditan sentenzas co ollos pechos. A xustiza é tan cega que non ve como a balanza se inclina sempre máis para un lado que para o outro. A verdade é que non é tan cega; mira ben para quen ten que mirar. E xa coñecemos para quen. Menos mal que sabemos o que temos, e tiramos para adiante igual. Tiramos nós; sen axuda de ninguén. É máis, temos que arrodear ou choutar todos os atrancos que nos poñen... na educación, na sanidade, na xustiza. Que a vida ten que seguir.

O pote grande dentro do pequeno

Gael Souto Carballo saca un paquete de Celtas do interior da chaqueta de pana e ofrécelle un cigarro ó seu amigo e veciño Hadrao Hipótese González. Están os dous sentados no mazadoiro da fonte da Aira de Arriba falando do que se lles ben encima. “Están a piques de chegar os días nos que hai que meter o pote grande dentro do pequeno”, dille Gael a Hadrao. Os dous refírense ós banquetes farturentos e que non se Pingas de Orballofan habitualmente. Hadrao Hipótese afirma coa cabeza unha e outra vez mentres lle pega unha longa chupada ó pito que lle deu o seu amigo. Hadrao é de poucas palabras, ó revés de Gael Souto, que fala e fala aínda que sexa co cigarro na boca. Noméalle todos os produtos que, en principio, pensa mercar. “E iso que aínda queda case un mes”, sentenza. Durante todo o ano non fará outra cousa, pero eses días é certo que pensa meter o pote grande dentro do pequeno. Logo dunha longa chupada, Gael tamén lle numera, axudándose cos dedos das mans e co cigarro na boca, claro está, a familia que vai sentar á súa mesa. Unha mesa que ten que instalar nunha sala á parte, porque nin na cociña nin no comedor que ten na casa lle collerían. Porque Gale Souto é de moita familia. Máis de corenta, que xa é dicir.

Os biosbardos quedan en min

Non sei se me pare a contemplar os coches que pasan pola rúa ou se indague nos biosbardos que asomaron na miña vida cando tiven un tempo no que soñaba. Agora mesmo venme un flash coa Nicolasa ourensá. Si, esa que estafou a unhas vinte persoas vendéndolles traballo dicindo que tiña influencias do PP. Ai, que terá este PP... Cando o río soa... Ó mellor son os propios biosbardos os que me levan a fixarme na romana da xustiza. Nunca está equilibrada. Nunca. Non sei se pense nese alucine que collín cando souben de que en Suíza seica se celebrou un referendo para saber se se prefería que as vacas mantivesen ou non a cornamenta. E máis cabreo collín aínda cando lin que un gandeiro galego (e imaxino que algúns máis) é partidario de serrarlle os cornos ás vacas. Eu sei o que lle había que serrar a eles. E estou por apostar que non fai falta que lance un referendo. Os galegos, ás vacas, deberiamos de telas nun pedestal e non maltratalas desa maneira. Ó final, os biosbardos venceron á contemplación duns coches que corren e van e fan ruído e contaminan e detéñense e pitan e lévante. Os biosbardos quedan en min.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES