Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo en Mero e Mero en Lugo

miércoles, 12 de diciembre de 2018
Neste LIBRO poemario de Mero NO PERFIL DAS VERBAS e en similitude luguesa, podemos dicir que a literatura feita versos vai correndo como as augas do pai Miño, que desde Irímia ao Atlántico atinxen e determinan orixe, pero neste caso direi que en Presentido Paraíso… o percorrido vai a Galiza desde a matria da mai/pai, desde Vilalba, a dos tres mares… a que chama desde o fondo…e onde brilla a luz da orixe, sabéndoa, onde as musas teceron marabillas coas nevaos e pola longura da Dona Terra Cha, a dos amenceres limpos e na AbilleirA, pois fanse berce os remuiños de follas que envolven anceios, ausencias, sonoros silencios, dicíndolle a Galiza Señora Muller ergueita, que en ti son quen son e así a diferentes ritmos, tempos e espazos, desde a memoria aos horizontes, Lugo en Mero e Mero en LugoMero percorre os lugares de vivencias e ensoñacións, de fracasos e traicións, de conquistas, parándose intencionalmente, alí onde o interese do noso poeta cantor, el… si… el en ofício e sen calar nunca e sen calar nada, estando alerta, e coa complicidade marabillosa, reflictida na fermosura da obra ilustrada de María Guerrero, nos trazos e debuxos, na atinada determinación da irmandade cos poemas,nas ilustracións cheas de contidos para formas que nos chaman ao exercício do pensamento, si… así con María, Mero marca o seu roteiro literario, Roteiro literario que Mero nos chama a participar nel, indo a pasos de construír, e que poderemos compartir en gustos que se multiplican, que tanto abrazan en sabores de saber pola lectura activa e creativa deste libro NO PERFIL DAS VERBAS.

E nese contexto, na paisaxe obxectiva para quen mira e ve, para quen le, son as palabras escollidas do idioma polo autor, quen toman mando para así provocar latexares de versos sentidos, en corpo vivificado de poemas. Si… as palabras… Pois permitídeme…e Mero non o verá como afeo, o que eu utilice aquí, verbo das palabras, as do seu amigo cómplice Manuel María, que ben seguro o Mero escoitou do Manuel en conversa inacabada, ou leu máis dunha vez.

Compre loitar contra o silencio;
é preciso, urxente e necesario rematar
co silencio dunha vez… recobrar as palabras…
unha a unha.

Facer con elas proclamas e canciós
primaveras de soños e de esperanzas
coiteladas de luz…
voz verdadeira…
que obrigue a camiñar á nosa patria.

A que Mero cumpre con iso?
Non hai dúbida.
E… na aforteza sensible da súa poesía manifesta neste libro, sen signatura submisa, Mero non busca a terra prometida, non, pois el sabe que a ten aquíe por iso teima en construíla a mellor, e día a día man con man, nesa tarefa, nesa responsabilidade.

E así… coas palabras do idioma, de fronte e saídas do corazón, Resistentes, amorosas e rebeldes, acariñosas, por veces dramáticas e apenadas, a obra, a poemas neste caso,con acougo e búsqueda, vai facéndose na súa vida para as nosas vidas, así nesa xenerosidade que conleva a lectura. Lectura que nos chama e posibilita a observación atenta, o deseño, as paisaxes que definen quen así niso reflexionan.

E así o Mero, un activista activo, a versos abertos e íntimos,na nosa Lingua, na natureza da súa posesión, no son musical das palabras, producindo beleza, nesa transpariencia, na vida, rexistra no seu libro soidades e abrazos, tantos e tantos recordos e vivencias de primeira man, encontros, amizades, intimidades, o amor de mai/pai, dar sen pedir. E tamén o sufrimento, o chamo da responsabilidade, as esperanzas que se van elaborando comprensivas, os diálogos postos ao día, a nada de rutinas, cos dous gardadores de portas significados: Alfonso Blanco Torrado, respondendo a tanta xenerosidade e Xulio Xiz coa súa proposta tan orixinal que ha ser ben secundada, a MEROPOÉTICA reflictida en poemas dunha grosa, esa medida de doce ducias, dicindo de amor co verbo querer… querendo, gardando a porta que abre a interiores.

E así eles dous, Alfonso e Xulio, xunto con María, con Mero, neses interiores do libro chámannos e dannos benvidas e entre por Pardiñas, o Presentido Paraíso, as Doce Ducias e outros Poemas, por onde ahumean as palabras imos con outras máis motivacións e realidades feitas versos e poemas, pola orixe de Vilalba, nesa casa arrimo capaz, na Galiza Patria legal. Imos pois tamén nas idades que nos marcan os ventos, pola nosa Lingua de peito e loita- Lingua que é orixe e fundamento, si… coa semente na flor, na manda testamentaria, na música que se escribe con debuxos barrigudos, na virtude da auga do Pedregal, pola perda do amigo, polo Nós que é noso, polos segredos, polas lúas, polos bicos das tardes todas, bicos de Mai, tratando de erguer da súa ausencia, indo tras das nubes das angueiras, cando as palabras calan para que as belezas pregoen, sentido as sinfonías dos recendos, cando a Chaira no solpor estiraba no alén.

Nesa esperanza con Avelino Pousa amigo, Lucho do Peto, así o Mero moi cantor salienta e edifica no viño compartido, por riba dos traidores, con máis poemas, outros poemas en corpo e alma, nesa canción de nenez, onde o poeta precisa a poesía na graza harmoniosa da beleza.

E así hoxe en Lugo, no Lugo envolto nos outonos, onde acaba un conto e comeza outro, Lugo en Mero e Mero en Lugono Lugo do Miño agradecido, no Lugo que se acende nos sorrisos, no Lugo que acolleu ao Mero rural, si, ao noso poeta o Mero, un rebelde militante da liberdade, apañador de emocións, que move e promove luz e reflexións desde os seus versos como sementar de alentos e respiros, todos así neste libro son versos na terra, no sítio, na natureza. Versos pois que aportan sensibilidades, motivadores de descubrir, de abrazar… de vivir. Son tal miradas novidosas, ou de sempre, en palabras que constrúen, en poemas con contidos de orientación, tal como cartas de navegación para a lectura sen imposicións, a fusións de vida e de sentir.

Dirémoslle xa que logo poesía da Cha para Galiza, si… poesía da Cha. A de ceos multicolores a luzadas de infinitas marabillas, onde cada verso, cada palabra… ten a súa voz particular, a súa sonoridade determinada.

Velaí pois neste libro NO PERFIL DAS VERBAS, a toda poesía vitalizante, a soños liberados, canta beleza.

Velaí e con Mero, un volver a quen somos, cos nosos nomes propios, sempre… Cos nosos nomes propios.

David Otero a XXVII de 9mbro de MMXVIII
III ANIVERSARIO DE XOSÉ BALBINO NEIRA VILAS.

(Palabras de David Otero na presentación en Lugo do libro 'NO PERFIL DAS VERBAS', de Baldomero Iglesias Dobarrio).
Otero, David
Otero, David


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES