Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poñer os pés na terra

jueves, 13 de diciembre de 2018
Cado eu era nena, aló pola metade do século pasado, teño oído que había: “QUEN QUERÍA ALCANZA-LO CEO COS PÉS E AÍNDA NON O ALCANZABA COAS MANS•”

Se daquela, que había mil veces máis miseria que hoxe, xa había quen pensaba así; non me quero imaxinar o que pasará por algunhas cabeciñas de hoxe en día.

Naqueles tempos distinguíase moito unha persoa pobre dunha rica, economicamente falando.

As persoas de clase económica alta, vestían prendas compradas en bos comercios, confeccionadas en fábricas especialiazadas en alta costura.

E as persoas de clase baixa, humilde; vestíamonos con prendas feitas por costureiras máis ou menos “doctas” no oficio.

E aínda que foran moi “doctas”, non podían saber facer todo tipo de prendas: pantalóns para homes, saias para mulleres, abrigos para ámbolos dous xexos, calzoncillos, bragas, blusas, camisas….

Co calzado pasaba outro tanto e cos complementos, máis do mesmo.

Hoxe en día non se notan tanto as clases sociais, afortunadamente a clase media é máis numerosa.

Non tan numerosa como sería de desexar porque xa sabemos que cadadía os ricos son máis ricos e os pobres cada día son máis pobres.

Tamén temos noticia de que o vinte por cen da poboación ten o oitenta por cen da riqueza porque está mal repartida.

Será PORQUE QUEN REPARTE GARDA PARA SI A MELLOR PARTE, como di o refrán.
En fin… a vida mesma.

Con todo o que se poida dicir: á cidadanía de a pé tamén se nos subiron os fumes:

-Xa non queremos acordarnos de cando andábamos con zocas polas corredoiras cheas de lama.
-Tampouco queremos recordar cando comíamos caldo tódolos días e leite cando non ía para o leiteiro.
-Cando andábamos carretando toxos das chousas para estra-las cortes das vacas e despois arrincando o esterco para aboar as leiras.
-Cociñabamos nas lareiras.
-Íamos por auga á fonte.
-Bañabámonos unha vez á semana nunha tina.
-Comíamos pan de trigo o día da festa do patrón.
-As mulleriñas ían cargadas con paxetas de mercadoría ás feiras.
-Aprendemos a ler á luz do candil.
-Etc, etc

A miña xeración criouse con moita estreitura, principalmente no medio rural galego; que é o que mellor coñezo.
ESA ESTEITURA EDUCOUNOS PARA SACRIFICARNOS POR ALCANZAR UNHA VIDA MELLOR.
En boa medida foi por eso polo que se adiantou tanto.

Adiantouse moito en moitos aspectos; pero tamén se perderon moitos valores: entre eles o respecto, o sacrificio, a humildade…
Escoito algunas persoas de certa idade dicir:
“OS DE AGORA DEBÍAN VIVIR, -aínda que nada máis foran seis meses-, COMO VIVIMOS NÓS”

Din así porque observan:
-Que se nos subiron os fumes.
-Que derrochamos.
-Que nunca estamos contentos co que temos.
-Que non saben que darlle á infancia de hoxe en día.
-Porque non sabemos apreciar o valor das cousas.
-Porque non hai comunicación entre veciños nin moitas veces entre os membros dunha mesma familia.
-Etc.

Temos crise:
-Crise de traballo e tamén crise de traballadores.
-E CRISE DE VALORES, AÍNDA MÁIS IMPORTANTE.
Pero non ten punto de comparación coa necesidade que pasaron os nosos antepasados.
Por eso nos están chegando “avisos para que poñamos os pés na terra”, porque NON HAI POUCO QUE NON BASTE; NIN MOITO QUE NOS SE GASTE.

ESTAMOS CHAMADAS A APRENDER DO PASADO E A RECONDUCIR O PRESENTE PARA CONSTRUIR UN FUTURO MELLOR PRACTICANDO A RESPONSABILIDADE.

“PRACTICANDO A RESPONSABILIDADE”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES