Certame Vilariñas 2018 de micropoesias da Chaira
Os Vilares, Lareira de Soños - martes, 11 de diciembre de 2018
A segunda edición dos 'haikus' galegos, as
, xa ten gañadoras:
BEATRIZ DOURADO gaña o Certame Vilariñas 2018 de MICROPOESÍA DA CHAIRA coas DECLARACIÓN e 360° (ámbalas dúas as máis votadas) MILA VILLANUEVA, Milagros Pérez Villanueva, de Valencia, acada o 2° posto pola HAI UN CORAZÓN VERMELLO, e Cris Amoedo (C.E A.R.) de Vigo, recibe o 3° premio pola MAIS QUE A DESOLACIÓN DO ERMO.
A entrega dos prémios realizarase no mes de Febreiro na Casa das Palabras de Guitiriz nun acto poético de homenaxe a Alfonso Blanco Torrado pola súa contribución ao coñecemento de Díaz Castro e o impulso á poesía chairega. Neste acto anunciarase tamén a convocatória do certame para 2019 no que agardamos aumentar novamente a participación.
Con 200 presentadas procedentes de diferentes lugares de Galiza, Portugal, Asturies, Catalunya e Italia, a segunda convocatória resultou un éxito xa que casi duplicou a participación a respeito de 2017.
O Certame Vilariñas debe o seu nome a Diaz Castro, polo lugar do Vilariño no que está a sua casa e porque as Vilariñas pretendem beber do concepto de valoración das cousas pequenas, como falaba o poeta das "herbas pequerrechiñas" no seu poema A Espada.
Todas as presentadas serán editadas en varios soportes dixitais para a súa descarga gratuita en PDF a primeiros de Febreiro.
As Son esas herbas pequerrechiñas da poesía que non por pequenas son menos importantes e o noso certame pretende ademais que toda aquela xente que sinta o pulso poético poda participar nun concurso aberto, fácil e orixinal no que poetas consagrados e novos se atreven con estes "haikus" galegos.
O premio, é unha simpática figura orixinal da artista Viki Rivadulla, feita a man,pezas únicas que representan a unha muller galega co paxaro da inspiración poética na cabeza, unha peza singular e artesanal.
No certame de 2017 @s premiad@s foron Andrea Araújo, da Guarda, Toño Núñez de Navia e Pedro Rielo Lamela de Pontevedra.
Éxito total, pois, da iniciativa da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares lareira de soños que contribúe a identificar Guitiriz en particular e a Terra Chá en xeral coa poesía desde o Vilariño de Díaz Castro.

Os Vilares, Lareira de Soños
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora