Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gala de clausura do Ouff

lunes, 10 de diciembre de 2018
Aínda que no inicio da gala de clausura da 23 edición do Festival de Cine de Ourense o protagonismo da mesma era para a miña feisbuqueira Olga Brañas dándolle ás teclas do piano e para Susanna Blanco pasando a variña máxica polo violonchelo, a realidade foi outra. A realidade foi que alguén lles roubou o protagonismo a estas inmensas artistiñas que coa súa marabillosa música acompañaron as imaxes dunha película muda de Charlot: Este foi, ou sexa, don Charles Chaplin o que, pouco a pouco, se apoderou dos sorrisos, primeiro, e das gargalladas, despois. Ó principio pareceume que a xente se contiña por respecto a Olga e a Susanna. Eu tamén. Porque a actuación era para elas. Pero é que Charlot... Charles Chaplin brilla moito máis que as estrelas do firmamento.

Gala de clausura do OuffE vendo a peliculiña, e vendo a Charles Chaplin, e vendo o personaxe de Charlot, e sentíndoo moito pola pianista e pola violonchelista, non me queda outra que berrar unha vez máis que tanto as televisións públicas como as privadas son incompetentes de todo. Levo denunciado moitas veces que ningunha delas programe nada de nada daquel cine mudo que facían xenios como Chaplin, Harold Lloyd, Buster Keaton, o Gordo e o Flaco, etc. Certo, que nin do mudo nin das obras mestras que se fixeron polos anos 40 e 50. De cando en vez visiono “O maquinista da Xeneral”, de Buster Keaton, e penso que esa película tiña que ser obrigatoria en todos os colexios. Por lei deberían de proxectar cine, polo menos unha ou dúas veces á semana, en todos os colexios e institutos do país. Porque no cine pódese dicir que están incluídas todas as artes e materias habidas e por haber. O cine é a sétima arte que engloba a todas as demais. E aquí, no noso país, en vez de apoialo, semella que lle estamos dando para atrás.

Gala de clausura do OuffVolvendo á gala de clausura do Festival de Cine; chapeâu para a música desas dúas marabillosas mullerciñas. Os presentadores, moi ben (que vou dicir, se Rubén Riós xa se pode dicir que é amigo). A película... a película “O home fiel” é tan bonita que merece un Fábrica de Soños. E un 10 para a organización por non deixar morrer os soños cinematográficos da nosa cidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES