Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 25 de novembro é o Día das Mulleres Maltratadas

viernes, 07 de diciembre de 2018
Estamos vivindo nun pais onde para as nenas e mulleres é perigoso sair á rúa tanto de día como de noite. E na casa tamén corren perigo. Son maltratadas diante dos fillos, incluso mortas. Están sometidas e manipuladas e canto máis as fan sufrir mellor.

Qué fai a Xusticia mentres?

Sin xusticia non hai paz.

Hoxe din unha cousa e para o outro día outra. Está habendo vítimas todos os días e os violadores e maltratadores teñen quen os defendan e andan ceibos. Ata saen explicándose na televisión. É vergoñento.

Chaman a atención as sentencias dos xuices amparando a violadores e maltratadores. Mentras non haxa un castigo exemplar para toda a xente que fai mal, seguirán esos episodios noxentos. Ás mulleres se nos pide que morramos na defensa do noso corpo. Pero non se pide que os agresores respeten o mesmo. Hai un desequilibrio que cada vez aumenta, incluso no grupo de xente nova, que da a sensación que o normal é que un home dispoña da vontade da muller. Usando incluso a violencia e considerándose normal estas situacións.

Fóra maltratadores , violadores, aforados, monarquía, estafadores, corruptos… Que devolvan o que roubaron e sacalos da cárcel para que traballen e vivan como todos.

Que lle devolvan a dignidade ás mulleres que maltratan e que entendan que non somos humanos de segunda. Que unha muller é tan válida como un home.

Cando todos sexamos máis iguais será máis doado vivir.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES