Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Juan Puchades Quilis

jueves, 06 de diciembre de 2018
O 20 de novembro, máis de douscentos lucenses démonos cita, no Museo Provincial, na inauguración da mostra de escultura “Modelando vidas”, de Juan Puchades Quilis.

Normalmente, unha exposición artística é un acontecemento minoritario ao que acoden outros artistas, a familia e uns cantos amigos do protagonista. Pois onte o mesmo, xa que xunto aos representantes da Deputación, Concello e Subdelegación do Goberno, que falaron no acto, só había outros artistas, a familia e uns cantos camigos da familia Puchades. Por iso eramos máis de douscentos, xa que decir Puchades é decir algo especial.

O que pase pola rúa do Progreso e vexa unha escultura do fundador do xornal local, ve unha obra de Puchades. E na nova praza do Seminario vese a cabeza de José Castiñeira, o musicólogo que refundou o Orfeón Lucense, e o que vaia á praza do Rei encontrará a escultura de Puchades do Cura da Bicicleta, Antonio Gandoy. E máis poderíamos ter se non se houbera retirado un monumento aos Caídos erguido en 1962 en Ramón Ferreiro, e que por entender que se refire aos Caídos dun lado, agarda polo futuro en liberdade que toda obra de arte merece.

Puchades é un mindoniense que naceu en Valencia no ano 1934. Como recordou na inauguración da súa mostra antolóxica, con 26 anos veu destinado como profesor de debuxo ao Instituto san Rosendo. Viña por un ano a Mondoñedo e leva 58, porque alí atopou a Alicia Tella, namorou, casaron, tiveron dúas fillas e convirteuse nunha institución na cidade bispal.

Puchades, todo afabilidade, todo amizade, todo arte e todo humildade, formou parte dun colectivo lendario que en Lugo houbo hai máis de medio seculo, “Os urogallos”, e fala un galego no que de cando en cando se lle escapa unha palabra que denota a súa orixe, e nesta inauguración estaba contento por estar rodeado de moitos mindonienses, moitos devotos da súa arte… E todos sabemos que a arte chama moito a atención das xentes da cultura, pero chama moito máis a atención o carácter das persoas humildes que son grandes no seu trato, que colleitan amigos por centos, e que irradian unha aura especial como se percibiu en Lugo pola visita a súa exposición de todos os que temos querencia por este gran artista que, ademais, é unha excelentísima persoa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania