Don Jorgito, 'El inglés', e os feros localismos
Fernández, Suso - martes, 04 de diciembre de 2018
Non é a primeira vez que nos referimos a George Borrow, coñecido por don Jorgito, El Inglés; escritor, políglota e aventueiro, que vendía biblias protestantes polos camiños do mundo; foi un personaxe peculiar.
Autor de La Biblia en España, acadou grande sona. Nela relata as vivencias viaxeiras pola España de 1837. Durante a súa estancia contactou moito cos xitanos, ao punto de deixar unha das súas obras traducidas ao caló, a súa linguaxe.
Borrow entrou en Galicia nese verán polos montes do Bierzo; cruzou o Cebreiro e percorreona polo norte que deixou en Ribadeo, rumbo a Asturias. O andarín coñeceu unha Galicia atrasada e incomunicada, de millón e medio de habitantes, na que teimou en levar a Biblia ata os fíns da terra.
Don Jorgito atopou a Lugo pequeno, cuns seis mil habitantes. A súa estadía durou unha semana e logo colleu rumbo á Coruña, nunha dilixencia con escolta de soldados: foi a Betanzos, Compostela, Padrón, Pontevedra, Ferrol
a Viveiro, Foz onde pernoutou e Ribadeo.
Descrebe os costumes, o temperamento e a cultura; a política e relixión das xentes e os moitos prexuizos que tiñan. Gabou a paisaxe e chegou a decir que, aínda sendo moita a miseria, non era culpa da terra senon dos homes. A familia focega que o hospedou falaba o castelán pois, según lle dixeron, non se falaba moito o galego por esta parte.
Conta nun artigo María Victoria Armesto que na ápoca de don Jorgito, un tal señor García, notario en Pontevedra, estaba convencido de que ésta era a mellor cidade de España. Borrow coñecíao e foi ó seu despacho a venderlle unha Biblia. O notario díxolle: Estes tipos de Vigo andan decindo que a súa cidade é mellor que a nosa,e que Vigo debería ser a capital da provincia; ¿pasaríalle a vostede polo maxín comparar a Vigo con Pontevedra?. Eu non podo contestar, porque non coñezo Vigo respostou don Jorgito ; pero oín decir que a súa bahía é a mellor do mundo
. De acordo, meu señor, asentíu o Sr. García; pero ¿quere decirme para qué se necesita unha bahía?...Comentou don Jorgito que endexamais coñecera un país de tan feros localismos
Se o trotamundos voltara pola bisbarra o que non sucederá- ¿qué pensaría de nós ó constatar que nos preto de 200 anos que separarían ambas estadías, en boa medida moitas mentes manteñan idénticas estructuras
?
(Suso Fernández é Cronista oficial e Fillo Predilecto de Foz).

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora