Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Prisioneiros nas 'súas' casas

martes, 04 de diciembre de 2018
Prisioneiros nas 'sas' casas Hai uns días, un titular de prensa dicía: “una anciana muere tras dos años pidiendo una rampa para salir a la calle en silla de ruedas”. Non fai falta ir a Murcia para ler estas noticias. Eu teño outro titular da Rúa Divina Pastora de Lugo e, ademais, moi recente: “unha anciá, que vive nun cuarto piso, espera tres anos por un ascensor”.

Lamentablemente, hai dúas semanas, asistín ao seu enterro na parroquia da Milagrosa. Cando se empezou a falar do tema, Gloria sempre me dicía “eu non che vou acordalo”. Que razón tiña!! O acordo da Comunidade e os estudos técnicos non foron suficientes. Están á espera dun xuízo. Os 48 cm de ancho por 3 m de largo dun Local son os que están dificultando o proceso. De nada serven os escritos amparados na Lei. Todo depende da vontade dunha persoa.

Titulares como os anteriores hainos a diario. Descoñécese o número dos que viven “prisioneiros nas súas casas”. Unha vez máis me pregunto para que serve a lexislación? Cansa ler tanta literatura valeira de contido. A Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional sinala a accesibilidade da vivenda como un dos elementos que garanten a igualdade e a autonomía. Por esta razón, as reivindicacións do 3 de decembro, o noso “Día Internacional”, van encamiñadas a reformar a Lei de Propiedade Horizontal. Queremos que se sigan os mesmos mecanismos para as obras de accesibilidade que para o resto de reformas que se fan nas comunidades.

Lembremos que o 4 de decembro do 2017 finalizaba o prazo para que todos os produtos, bens, contornos e servizos foran plenamente accesibles. Outro ano perdido e, o máis grave, sen penalizacións. Entón, para que esforzarse máis… Os datos indican que só o 2% das vivendas en España son totalmente accesibles para persoas con mobilidade reducida e “seis de cada dez” non permiten o acceso desde a rúa. Onde queda o dereito a unha vivenda digna e a unha vida independente? Por vivenda digna enténdese que asuma todas as situacións que poden afectar a unha persoa ao longo da súa vida.

Estamos moi lonxe de ser unha cidade que contempla a diversidade. A falta de accesibilidade non só afecta aos residentes, tamén limita ou impide a comunicación co entorno social. Imaxinen non poder facer algo tan cotián como dar un paseo ou recibir unha visita. É unha mágoa que os veciños se neguen a asumir un gasto que vai repercutir nun ben para todos. Semella que se consideran inmunes. Esquecen que van para maiores ou que poden aparecer limitacións por accidentes, enfermidades… Por outra banda, as subvencións só chegan a un 10% e sen accesibilidade non podemos falar de dignidade. Loitemos por edificios para todos!!!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES