Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha muralla no corazón

miércoles, 05 de diciembre de 2018
O xoves pasado fixo 18 anos que a muralla de Lugo foi declarada Patrimonio da Humanidade. Fora unha época fermosa na que todo un pobo se implicou coa súa insignia de identidade: unha muralla aberta ao mundo e pechada a todas as violencias.

Costa entender, hoxe en día, que nos anos 60 houbera unha gran controversia sobre se a muralla se debía derrubar para facilitar o tráfico. O sentidiño impúxose e, anos máis tarde, foi o tráfico o que se desterrou do centro histórico (como tiña que ser).

Máis recentemente debateuse a posibilidade de converter o cuartel de San Fernando nun auditorio. Un proxecto modernista que a UNESCO rexeitou polo impacto que exercía sobre o entorno da muralla, baixo o perigo de perder o prezado título que tanta riqueza trouxo a Lugo.

Lugo cambiou grazas á muralla. Mirouse cara dentro e proxectouse ao mundo. Grazas a unha muralla aberta Lugo convértese en cada período de lecer nun mosaico de diversidade con todo o que isto supón económica, social e culturalmente.
Cada lugués leva unha muralla dentro e é a muralla a que garda cada soño, abríndose a un mundo que se deixa acoller por ela, facéndoa berce imprescindible do porvir dun pobo que latexa ao seu ritmo. Un pobo que leva, dende sempre e para sempre, unha muralla no corazón.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania